Sucesos 01/23/2019

A Audiencia da Coruña absolve a dous acusados de lesionarse no interior dunha discoteca

by Victor Lamela

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a dous acusados de lesionarse no interior dunha discoteca durante a madrugada do 30 de agosto de 2015. “As declaracións dos acusados son contraditorias sobre a causa das feridas que ambos presentan”, indica o tribunal. Un dos sospeitosos sostén que o outro lle rompeu un vaso de cristal na cara. Pola contra, o acusado de estamparlle o recipiente defende que a vítima se golpeou soa co vaso cando se dispoñía a darlle unha cabezada. “Ambas as versións parecen igualmente lóxicas e plausibles”, sinala a Audiencia.

A %d blogueros les gusta esto: