Uncategorised 18th febrero 2019

A Banda Municipal de Música, baixo a batuta de Frank de Vuyst, ofrecerá un concerto gratuíto o venres 22 de febreiro no Teatro Colón

by Victor Lamela

A Banda Municipal de Música da Coruña xa ten as datas dos vindeiros concertos gratuítos que ofrecerá na cidade. A primeira cita será o próximo venres, 22 de febreiro, ás 20.00 horas, no Teatro Colón. Será unha ocasión especial na que a agrupación, que celebra a súa 71a tempada, actuará baixo a dirección do belga Frank de Vuyst. O programa desta cita, prevista orixinalmente para o domingo 24 no Pazo da Ópera, contará con obras de autores como Aram Kahchaturian, Kevin Houben e Gerónimo Giménez, entre outros.

O vindeiro encontro da Banda Municipal co público coruñés será o domingo 10 de marzo no Pazo da Ópera, no horario habitual das 12.15 horas. Neste concerto, no que participará o director titular, Juan José Ocón, a agrupación ofrecerá un variado programa con pezas como o pasodobleCamino de Rosas, de José Granco Ribate; Symphony for William, do británico Derek Bourgeois; aMuiñeira das comadres, ​de Simón Couceiro; e dúas pezas da familia Aragüés: ​Por tierras de Albarracín​, de Tomás Aragüés Bayarte, e​ Suite de concerto​, do seu fillo, Tomás Aragüés Bernard.

Dúas semanas despois, o 24 de marzo, e de novo baixo a dirección de Ocón, a Banda Municipal estreará tamén no Pazo da Ópera unha nova composición, ademais de interpretar outras comoAires galegos, de Juan Montes, Fantasía sobre tres temas galegos,​ de Simón Couceiro –de quen tamén tocarán ​A batalla de Matalobos​–; e October​, de Eric Whitacre. Para máis información sobre estes concertos e outras actividades da agrupación, pódese visitar ​www.coruna.gal/cultura​.

A %d blogueros les gusta esto: