coruna 11/06/2020

A coalición de Recortes Cero e Espazo Común dá o seu apoio ao Comité de Empresa de Alcoa

by Victor Lamela

Hoxe xoves 11 de xuño ás 12:30h unha comisión da coalición Recortes Cero- Espazo Común -Os Verdes – Municipalistas reuniuse durante unha hora co Comité de Empresa da fábrica de Alcoa en San Ciprián.

A comisión estivo encabezada pola candidata á Xunta, Pastora Fernández, e formada polas cabezas de lista da Coruña, Sara Fernández e Ourense, Francisco Fraga, candidato de Espazo Común, e o segundo candidato por Lugo, Jordi Blengua.

Trala reunión Pastora Fernández asegurou que van defender nestas eleccións que non se debe aceptar “nin un só recorte máis, e o despedimento dos traballadores de Alcoa supón un xigantesco recorte, para A Mariña, para Lugo e para toda Galicia, un recorte en salarios, en empregos, en tecido produtivo e en riqueza”, concluíndo que “o persoal de Alcoa e o seu comité de empresa conta con todo o noso apoio”.

Para a candidata da coalición “este non é só un problema económico, senón sobretodo político e de vontade, porque en Galicia existe unha gran cantidade de riqueza, e as condicións para levar adiante un proceso de reindustrialización, que xernere máis riqueza, emprego e fortaleza para afrontar unha crise como esta, só hai que redistribuir esa riqueza, e para iso fai falla vontade”.

Francisco Fraga, candidato de Espazo Común e cabeza de lista de Ourense recordou que “Alcoa supón o 30% do PIB da provincia, directa ou indirectamente, e todos debemos facer todo o posible, administración e empresa, para non destruír empregos senón crealos, asobretodo en provincias como Lugo, históricamente abandonada”.

Recortes Cero -Espazo Común-Os Verdes-Municipalistas comprometeuse co Comité de Empresa de Alcoa a difundir as súas esixencias en todos os actos de campaña, no programa electoral, e na campaña nas redes sociais.

A %d blogueros les gusta esto: