coruna 9th febrero 2019

A competición FIRST LEGO League que organiza reunirá a 300 participantes de colexios e institutos de Galicia e Asturias

by Victor Lamela

A Universidade da Coruña organiza, por quinto ano consecutivo, a FIRSTLEGO League Galicia, coordinada polo profesor José Antonio Becerra Permuy, o vindeiro sábado 16 de febreiro, no Auditorio Municipal de Ferrol, entre as 08:30 e as 14:30 horas. Nesta edición participan un total de 37 equipos e preto de 300 mozos e mozas de Galicia e Asturias.

O profesor Becerra presentou esta mañá, en rolda de prensa, a FLL Galicia xunto coa vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres; o alcalde do Concello de Ferrol, Jorge Suárez; o director do Campus Industrial, Ginés Nicolás; o director da Escola Politécnica Superior, Armando Yáñez; a subdirectora de Infraestruturas e Relacións Exteriores da Escola Universitaria Politécnica, Isabel Fernández Ibáñez, e representantes de entidades e empresas patrocinadoras.

Na súa intervención, o coordinador da FLL Galicia salientou o notable incremento de participantes en relación á última edición do torneo na que a cifra se aproximaba os 200 mozos e mozas. “A sociedade está a entender o importante que é a robótica na formación dos máis novos. De feito, o papel que xogan os institutos neste eido é determinante”, explicou. Engadiu tamén que o obxectivo final do campionato é o de fomentar o interese pola ciencia e que os estudantes entendan que “aprender é divertido”.

Pola súa banda, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño, agradeceu a implicación de toda a comunidade universitaria e dos patrocinadores e colaboradores para levar a cabo un evento destas características. O director do Campus Industrial, Ginés Nicolás Costa, asegurou que este torneo clasificatorio servirá para pór novamente no mapa galego ao Campus de Ferrol e destacar as súas titulacións. Nesta mesma liña se manifestaron a subdirectora da Escola Universitaria Politécnica, Isabel Fernández Ibáñez; e o director da Escola Politécnica Superior, Armando Yáñez; invitando aos participantes a estudar nun futuro algunhas das enxeñarías que se ofertan nos seus centros.

Colaboran Santander Universidades, a Deputación Provincial da Coruña e mais o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), GADIS, R, Error Ferrol!, PuntoGal, Neodyn, TodoOcio e Lidl.

Ao remate da FIRSTLEGO League Galicia no Auditorio, está previsto que os participantes visiten o Campus de Ferrol e algúns dos seus laboratorios, nunha xornada de portas abertas.

 

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRSTLEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas, de entre 10 e 16 anos, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación. Este desafío está conformado por tres elementos:

  • Deseñar, construír e programar un robot.
  • Desenvolver un proxecto científico que dea solución a un problema proposto por eles mesmos.
  • Demostrar uns valores de equipo.

 

O DESAFÍO FIRSTLEGO League en España

Desde o ano 2006, a FIRST LEGO Leaque está impulsada en España pola Fundación Scientia, unha entidade sen ánimo de lucro que promove vocacións científicas, tecnolóxicas e o desenvolvemento de competencias e habilidades do século XXI entre os participantes.

A FIRSTLEGO League conta coa colaboración do 20% das universidades de España, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación (Socios FIRSTLEGO League) que traballan en máis de 28 cidades do territorio español e que aglutinan a máis de 2.700 voluntarios.

A FIRSTLEGO League, a día de hoxe, está presente en 13 comunidades autónomas e participan 16.000 mozos e mozas de todo o territorio e mais do Principado de Andorra. España é o terceiro país do mundo en número de participación de equipos e o primeiro país de Europa.

 

Como funciona aFIRSTLEGO League?

Cada tempada, a FIRSTLEGO League convida aos equipos participantes a descubrir a diversión e a emoción pola ciencia e a tecnoloxía propoñéndolles un desafío, a nivel global, relacionado cun problema do mundo actual.

Este desafío responde sempre a un problema da actualidade e os participantes, organizados por equipos e cun adestrador, investigan e desenvolven a súa proposta de solución.

Na edición 2018/19, os equipos transportaranse ao Espazo co DESAFÍO INTO ORBIT onde exploran, desafían e innovan nesta fascinante extensión. Ademais, cada equipo debe identificar un problema físico ou social co que se enfronte o ser humano durante unha exploración espacial de longa duración dentro do sistema solar propoñendo unha solución de mellora.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

  • O Proxecto Científico. Un proxecto científico que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
  • O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misión nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
  • A integración dos valores FIRSTLEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valoresFIRSTLEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

Na FIRST LEGO League o proceso é moito máis importante que o resultado. O esencial é todo aquilo que o equipo descubriu e aprendeu mediante a experiencia FIRSTLEGO League. Todos os equipos reciben unha medalla oficial pola súa participación no torneo, e os equipos que destaquen nalgún ámbito reciben tamén un premio.

 

Como participa un equipo na FIRSTLEGO League?

Os participantes crean un equipo, de entre 2 e 10 membros, de 10 a 16 anos.

Durante tres meses preparan o desafío FIRST LEGO League e organizan a súa propia micro FLL no centro educativo ou asociación. A participación nunha micro FLL dá acceso aos Torneos Clasificatorios FIRSTLEGO League.

Nesta edición 2018/19, celebraranse 37 Torneos Clasificatorios FIRSTLEGO League por todo o territorio español, con 2.700 voluntarios, e presentaranse máis de 1.650 robots e proxectos científicos distintos. Os gañadores dos Torneos Clasificatorio FIRSTLEGO League chegarán á GRAN FINALFIRSTLEGO League España que terá lugar na Costa Adeje (Tenerife) os días 23 e 24 de marzo. Da FIRSTLEGO League Galicia, que terá lugar en Ferrol o día 16, sairán dous equipos gañadores que competirán na final nacional en Tenerife, onde competirán por participar nos Torneos Internacionais FIRST LEGO League.

 

Que é a FIRST LEGO League Junior?

A FIRST LEGO League Junior é un programa internacional dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, centrado na promoción da ciencia e da tecnoloxía, para captar a curiosidade dos máis pequenos e dirixila cara o descubrimento e a mellora do mundo que os rodea.

Por equipos, de entre 2 a 6 participantes, os máis pequenos deseñan e constrúen unha maqueta con pezas LEGO e preparan un póster ilustrativo do seu traballo. Un póster que presentan diante do público asistente aos EVENTOS FIRST LEGO League Junior que se organizan nos torneos clasificatorios e na Gran Final. Nesta edición celébranse 23 eventosFIRSTLEGO League Junior en España.

 

Datos

AFIRSTLEGO League en España:

  • Máis de 16.000 participantes.
  • 000 equipos.
  • 37 torneos clasificatorios
  • 28 cidades

A FIRSTLEGO League no mundo

  • Máis de 450.000 participantes
  • 500 equipos
  • 900 eventos
  • 98 países

A FIRST LEGO League en Galicia

A Universidade da Coruña organiza por quinto ano consecutivo a FIRST LEGO League Galicia. O torneo terá lugar o vindeiro sábado, 16 de febreiro, no Auditorio Municipal de Ferrol. Por cuestións de espazo, utilizaranse dúas salas do adxacente Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño para levar a cabo algunha das actividades.

 

ListaxeFIRSTLEGO League Galicia

Equipo Nome Colexio
1 Destiny Moon Pobra ANPA Cadreche – CEP Pilar Maestru Sierra (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)
2 MEGA SPACE TEAM MEGA Riveira (Riveira, A Coruña)
3 Montecastelo Little Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
4 Las Acacias BOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
5 RECIBÓTICA CEIP Recimil (Ferrol, A Coruña)
6 Palacio de Granda Colexio ISP Laude Palacio de Granda (Siero, Asturias)
7 OS CONSTRUCTORES IES Virxe do Mar (Noia, A Coruña)
8 Montebots Infinity Colexio de Fomento Montespiño (Culleredo, A Coruña)
9 CASANOVASQUAD CLUB DE CIENCIA do IES Sofía Casanova (Ferrol, A Coruña)
10 Green Galactics Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
11 Robot-bois IES Catabois (Ferrol, A Coruña)
12 Captioma CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
13 V.I.D.A. Colexio Internacional Eirís (A Coruña)
14 THE ROBOTERS Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
15 ASTROKIDS Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
16 e-Makers Lab Espacio Vivo (Ferrol, A Coruña)
17 Robolvello IES Ferrol Vello (Ferrol, A Coruña)
18 Star bots IES Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)
19 EMOTIONAL TRICKS CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña)
20 Xunquinautas CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña)
21 AnonymousBot IES Fene (Fene, A Coruña)
22 C3Club IES Ricardo Carballo Calero (Ferrol, A Coruña)
23 FROUXIMAKERS CPI de Atios (Valdoviño, A Coruña)
24 MarBOT Colexio Maristas Santa María (Ourense)

 

 

ListaxeFIRSTLEGO League Junior

Equipo Nome Colexio
1 Destiny Moon Pobra Junior NPA Cadreche – CEP Pilar Maestru Sierra (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)
2 MEGA SPACE TEAM JR MEGA Riveira (Riveira, A Coruña)
3 Base Mission Moon Marín Sequelo (BMMMS) CEP Sequelo (Marín, Pontevedra)
4 Los Selenitas Mi Familia (Vigo, Pontevedra)
5 Captioma CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
6 Robóticos Espaciales Colexio Internacional Eirís (A Coruña)
7 The Lunatics Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
8 Stelar Patrol Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
9 Los Resplandores Celestes Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
10 Selenitas Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
11 Lego Cohetes Universidade da Coruña (A Coruña)
12 Las 4 galácticas Universidade da Coruña (A Coruña)
13 Frouximakers Jr CPI de Atios (Valdoviño, A Coruña)

 

Premios

  • Primeiro Premio Fundación Scientia ao Gañador
  • Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador

 

Estes dous equipos clasifícanse para a GRAN FINAL FIRST LEGO League España que terá lugar na Costa Adeje (Tenerife) os días 23 e 24 de marzo.

 

  • Primeiro Premio Airbus ao Proxecto Científico
  • Segundo Premio Gabadi ao Proxecto Científico
  • Primeiro Premio Deputación da Coruña ao Comportamento do Robot
  • Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST LEGO League
  • Segundo Premio aos Valores FIRSTLEGO League
  • Primeiro Premio Santander Innovación ao Deseño do Robot
  • Segundo Premio ao Deseño do Robot
  • Premio Fundación Princesa de Girona ao Emprendemento
  • Premio LEGO Education ROBOTIX ás novas promesas

 

Na última edición da FIRSTLEGO League Galicia, o equipo Waterbot do IES de Fene (A Coruña) conseguiu o Premio Fundación Scientia ao Gañador e clasificouse para a GRAN FINAL FIRSTLEGO League España que tivo lugar en Logroño en marzo de 2018. Nesta ocasión, os estudantes enfrontáronse ao DESAFÍO HYDRO DYNAMICS no que se afondaba sobre o ciclo humano da auga.

O equipo dos Fire Detectors do CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña) resultou ganador do DESAFÍO ANIMAL ALLIES na edición 2016/17. Os Tecnorois do CPI Dos Dices (Rois, A Coruña) acadaron este mesmo galardón no DESAFÍO TRASH TREK en 2015/16. Por ultimo, os gañadores da primera edición foron os XUNQUEIROBOT do CPI A Xunqueira (Fene, A Coruña) co DESAFÍO WORLD CLASS.

 

Máis información:

http://firstlegoleague.gal/

A %d blogueros les gusta esto: