Home » coruna » Currently Reading:

A concelleira de Igualdade presenta a terceira edición da Barbería Solidaria, que suma novas colaboracións “para visibilizar a realidade das persoas que viven con esclerose múltiple”

mayo 16, 2018 coruna No Comments

A III Barbería Solidaria celebrarase o vindeiro 9 de xuño. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou a nova edición da iniciativa, que organiza o Concello coa colaboración da Asociación Coruñesa da Esclerose Múltiple, ACEM, co obxectivo de visibilizar a enfermidade e sensibilizar á cidadanía do labor da entidade, á vez que se recadan fondos a prol da mesma. Trátase dunha proposta que, tal e como apuntou Fraga, “xerou moito interese entre a veciñanza nas dúas pasadas edicións, o que permitiu visibilizar a realidade das persoas que viven con esclerose múltiple”. A este respecto, a concelleira destacou a incorporación de perruqueirras nesta edición, “debido á alta demanda da veciñanza, en concreto de mulleres, o pasado ano”, así como o incremento de profesionais que participarán, pasando de 63 a 67, “atendendo tamén á cuestión de xénero e contando cunha maior representación de barbeiras e perruqueiras”.

A III Barbería Solidaria comezará ás 15.00 horas coa chegada de barbeiros, barbeiras e perruqueiras, que realizarán corte de cabelo ou afeitado por 7 euros. As persoas interesadas en realizar ambas accións, aboarán, en total, 14 euros. Á mesma hora, incorporaranse tamén o persoal voluntario e colaborador, e DJ La Isla, que porá música á xornada. Contra ás 16.00 horas, o grupo de moteiras e moteiros Solidariedade sobre rodas KM0 sumaranse á actividade e, a partires das 17.00 horas, comezará o espectáculo de maxia a cargo do Mago Nash. O peche da xornada terá lugar ás 21.00 horas.

“Desde o goberno local queremos promover iniciativas que favorezan a autonomía de entidades da sociedade civil, como o caso de ACEM, que realiza un labor imprescindible na cidade”, sinalou a responsable municipal, que estivo acompañada na presentación por Isabel Gorgal, coordinadora de eventos da asociación, e Diego Saavedra Trasancos, secretario da mesma. Na súa intervención, Trasancos lembrou que a entidade conta con máis de 250 persoas socias, entre afectadas e colaboradoras, e que iniciativas como a Barbería Solidaria “permiten acadar fondos para poder mellorar a calidade dos servizos que se prestan, como fisioterapia, transporte adaptado, traballo social ou atención psicolóxica, esta última en colaboración con FEGEREC”.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:







*

Contacto y notas de prensa

600451894
A %d blogueros les gusta esto: