coruna 04/12/2015

A concelleira de Xustiza Social agradece a labor das persoas integrantes do voluntariado “que contribúen a facer unha cidade máis inclusiva”

by Victor Lamela

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, “agradeceu hoxe o labor a todas as voluntarias e voluntarios que traballan de forma desinteresada na cidade da Coruña coa fin de contribuír ao ben común”, coincidindo coa celebración mañá sábado, 5 de decembro, do Día Internacional do Voluntariado. “Dende o Concello sumámonos á celebración deste día e apoiamos á xente que traballa pola xente. Veciñas e veciñas que no seu tempo libre aportan ideas, acompañamento, horas dedicadas ás persoas para contribuír a unha cidade máis educadora, culta, solidaria e inclusiva”, comentou en rolda de prensa. “Apoiamos a acción solidaria e desinteresada destas veciñas pola súa implicación e compromiso, pero entendemos que non debe substituír nunca o traballo efectivo e imprescindible das profesionais da acción social”, indicou.

unnamed

“Queremos constatar un afectuoso recoñecemento ás contribucións das persoas voluntarias á sociedade, á paz e ao desenvolvemento, e queremos felicitalas pola ardua labor que realizan as organizacións do terceiro sector como parte complementaria no desenvolvemento de políticas de inclusión social dos gobernos”, dixo a representante municipal, que destacou especialmente “a labor que desenvolve a Plataforma Coruñesa do Voluntariado”.

Na rolda de prensa que ofreceu a concelleira Cameán, tamén participaron a presidenta da Plataforma Coruñesa do Voluntariado, Carmen Carderón, e a secretaria, María Luisa Aperribay.

Estas destacaron que a plataforma “funciona coma un punto de encontro e sensibilización da sociedade”, e que aglutina a numerosas asociacións, como é o caso da Asociación Española contra o Cancro, Tierra de Hombres, Cruz Roja, Educo, Oxfam, Entre Culturas, Manos Unidas, Voluntariado Social Fonseca, Voluntariado da Universidade da Coruña e Cáritas.

Aperribay cifrou en 1.500 persoas as integrantes do voluntariado na cidade, e indicou que, con motivo dos actos polo Día Internacional do Voluntariado, o próximo día 10 de decembro terá lugar, na Fundación Paideia, unha charla sobre diversas formas de axuda aos e ás refuxiadas, organizada pola Asociación Española de Migración (ACCEM).

A %d blogueros les gusta esto: