Uncategorised 22nd agosto 2015

A Concellería de Emprego e Economía Social estudará as achegas das praceiras de San Agustín de cara ao novo plan integral de reforma do mercado

by Victor Lamela

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, coñeceu as resolucións da asemblea de praceiros e praceiras do mercado de San Agustín que tivo lugar este xoves. O edil comprometeuse coa representante das praceiras de San Agustín, Ángela Barrán, a que o Concello da Coruña terá en conta as necesidades expostas polos traballadores e traballadoras do mercado á hora de deseñar un novo Plan Integral de Reforma do Mercado, que o concelleiro considera“incompatible co anterior proxecto de reforma” e que conleva, por tanto, a súa suspensión.

Lema ratificou ademais o seu compromiso de levar a cabo as reformas estruturais que necesita o mercado “á maior brevidade posible”, ademais de manter un “diálogo fluído” coas persoas representantes da praza co fin de empezar a elaborar canto antes o novo proxecto integral.

A %d blogueros les gusta esto: