Uncategorised 9th abril 2018

A Concellería de Emprego oferta talleres gratuítos de manexo de redes sociais destinados a persoas emprendedoras

by Victor Lamela

​A Concellería de Emprego, dirixida por Alberto Lema, ten en marcha distintos talleres formativos destinados á promoción de persoas emprendedoras, empresas e todos aqueles veciños e veciñas interesadas na materia. Entre elas, destacan, con inicio este mes de abril, as clases para dominio de redes sociais, actividades que terán lugar no centro municipal de emprego de Os Rosais e que teñen por obxectivo que os e as usuarias “aprendan a manexar e dominar os principais recursos en liña para potenciar a súa visibilidade comercial, en aras de mellorar os seus resultados”. Estes talleres tamén pretenden achegar coñecementos sobre como crear presenza web e como controlar as ferramentas axeitada para o traballo habitual en liña.

Con carácter gratuíto, é necesario inscribirse con antelación para a realización dos citado talleres, ou ben na web do Concello ​https://www.coruna.gal/papagaio/es/formacion o chamando ao teléfono 981184399.

O taller de redes sociais de carácter avanzado celebrarase entre os días 9 e 12 de abril en horario de mañá no centro municipal de emprego do Rosais, mentres que o básico se desenvolverá entre os días 16 e 20 no mesmo espazo e tamén en horario de mañá.

A %d blogueros les gusta esto: