Home » coruna » Currently Reading:

A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención xurídica no CIM para dar resposta a todas as consultas por violencia machista

julio 8, 2018 coruna No Comments

A Concellería de Igualdade e Diversidade reforza a atención xurídica que se ofrece con medios propios no Centro de Información á Muller, que disporá de 720 horas anuais máis deste tipo de atención para dar resposta a todas as consultas por violencia machista. “A pesar da asfixia imposta aos concellos polas normativas estatais, que imposibilitan novas contratacións de persoal propio, e o incumprimento de financiamento acordado no Pacto de Estado sobre violencia de xénero, o Concello precisa actuar para mellorar un servizo que non admite dilacións nin listas de espera”, afirma a edil Rocío Fraga, que indica que o CIM atende, ademais, situacións de urxencias e fai seguimento de todas as atencións realizadas “coa fin de conseguir unha auténtica e efectiva atención integral das mulleres e os seus fillos e fillas, tal e como esixe a normativa estatal e galega”.

A concelleira explica que, se ben o número de persoas atendidas no CIM non aumenta significativamente nos últimos anos, se vén detectando un aumento nas consultas motivadas por violencia machista. “O número de consultas a causa da violencia de xénero pasou de representar o 47,8% respecto do total de consultas atendidas no 2015, ao 70,80% no 2016 e ao 73,3 % no 2017”, exemplifica. “Con este reforzo de persoal, que fará 720 horas ao ano, poderemos ter a unha atención dunha experta tres días á semana de 09.00 a 14.00 horas para mellorar a atención”, apunta. A atención xurídica, así como a psicolóxica e social do CIM abarca tamén ás mulleres e menores da Casa de Acollida, que tivo a 42 persoas residentes en total no 2017 e 55 no 2016.

O Centro de Atención á Muller forma parte da rede da Xunta pero é xestionado polo Goberno local que, no seu compromiso de convertelo nun servizo “estable e consolidado”, ten traballado para “suprimir a temporalidade de moitos dos postos de traballo, así como no reforzo do servizo, ao que xa se incorporou unha mediadora na Rede Municipal de Acollemento para cubrir a demanda das usuarias e que permitiu desenvolver actividades,postas a andar este ano, que fomentan o autocoñecemento, a educación emocional e a reinserción social e laboral das mulleres”.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:

A %d blogueros les gusta esto: