coruna 15/10/2015

A Concellería de Medio Ambiente inicia unha campaña para concienciar contra o maltrato e o abandono de animais domésticos

by Victor Lamela

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa asociación Libera, inicia hoxe, xoves, unha campaña de concienciación contra o abandono e en favor da convivencia e tenza responsable de animais domésticos, que inclúea distribución de información en centros cívicos e deportivos, bibliotecas, museos, mercados municipais, centros de ensino e outras dependencias municipais. A acción, que avoga por “unha cidade responsable e aberta”, inclúe unha serie de consellos para as persoas con mascotas, que pasan por poñerlles o microchip, darlles un espazo axeitado, limpo, ventilado e en boas condicións de hixiene, alimentalas de acordo coas súas necesidades, levalas de xeito periódico ao veterinario ou esterilizalas, como xestos de responsabilidade.

unnamed2

“Fagamos da Coruña un municipio amigo dos animais, contundente contra o abandono e maltrato”, emprazan os trípticos que se comezarán a repartir hoxe mesmo, nos que tamén se chama á cidadanía a poñer en coñecemento da Policía Local (092) ou Emerxencias (112) calquera caso relacionado coa violencia contra os animais ou o abandono de mascotas do que se teña coñecemento.

unnamed1

A %d blogueros les gusta esto: