coruna 21/10/2015

A Concellería de Medio Ambiente promoverá a plantación de árbores en Agrela “dentro do proceso de humanización do polígono”

by Victor Lamela

A concelleira de Medio Ambiente, María García, reuníuse con representantes da Asociación de Empresarios de Agrela, cuxa xerencia leva Teresa Firvida. A edil deu resposta ás demandas deste colectivo e comprometeuse a promover a plantación de árbores en varias rúas do polígono, “como unha medida máis de cara ao proceso de humanización deste espazo”. “É importante favorecer a súa naturalización, primeiro para que se integre dentro da propia cidade e segundo porque esta zona xa non só ten uns usos meramente industriais, senón que ao longo do tempo, conseguiu albergar un considerable número de establecementos hostaleiros e incluso converterse nunha zona de paseo para veciños e veciñas”, comentou García.

unnamed

Precisamente, a asociación empresarial de Agrela manifestou á concelleira García a necesidade de adaptar o polígono aos seus novos usos, ampliando por tanto os seus servizos. “O plantexamento feito polos empresarios empresarias, neste punto, está en liña coas políticas que pretende impulsar a concellería, que desexa dar solución ás peculiaridades do polígono”, explicou a responsable de Medio Ambiente, que adiantou a intención do Goberno local e “manter e ampliar” o Convenio Marco de Colaboración para Asuntos Ambientais e Residuos Urbanos.

En base a este convenio de colaboración, entre outros servizos, o Concello atende á recollida de residuos dentro do polígono, dotándoo dos medios e infraestruturas necesarias para a correcta xestión daqueles residuos propios da actividade industrial, como as grandes cantidades de cartón e plástico que se recollen nun sistema ‘porta a porta’, así como outros materiais como palets, aceites, ou lámpadas que se recollen nun punto limpo de acopio. A intención do departamento de Medio Ambiente é “renovar este convenio, ademais de amplialo a cuestións como o aforro enerxético ou a bioconstrución”.

A %d blogueros les gusta esto: