Home » Trafico » Currently Reading:

A Concellería de Mobilidade informa das rutas alternativas do servizo de transporte público para a tarde do sábado e a mañá do domingo

agosto 31, 2018 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible informa dos itinerarios alternativos que terá o transporte público durante as horas de celebración do campionato de España de Tríatlon estafin de semana. Asseguintesrutasseránasquesiganasliñasafectadas durante o sábado día 1 entre as 15.00 e as 22.00 horas e o domingo día 2 entre as 07.30 e as 15.00 horas:

-As liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A: desde Catro Camiños e cara Porta Real desviaranse por Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense, avenida do Porto, túnel de O Parrote e praza dás Ánimas. A 5 e a 17 continuarán a partir de aí polo seu itinerario habitual. As demais –1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A– farán alí cabeceira de liña para volver polo túnel de O Parrote, avenida do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina, Paxariñas e Catro Camiños, desde onde cada unha delas retomará o seu itinerario habitual. A liña 17, en sentido de circulación cara ao CHUAC, desde o Abente y Lago baixará á praza das Ánimas para continuar polo túnel do Parrote, avenida do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina, Paxariñas, Catro Camiños e avenidade Oza ata Os Castros onde retomará o itinerario habitual. Instalaranse, como é habitual nestes casos, dúas paradas provisionais na avenida do Porto á altura do Quiosco Alfonso, unha en cada sentido de circulación.

-As liñas 21, 22 e 24: circularán por Federico Tapia, praza Galicia e Francisco Mariño, facendo cabeza de liña en Juan Floréz, 10. En dirección a Novo Mesoiro circularán por Juan Flórez e San Pedro de Mezonzo, para incorporarse ao seu itinerario habitual.

-As liñas 3 e 7: ao non poder circular por Santa Catalina, continuarán por San Andrés, rúa Alta, Paseo Marítimo, rúa Hospital, San Roque, praza de España, praza das Atochas, Veramar, Paseo Marítimo, Abente y Lago e Maestranza, onde recuperan o seu itinerario habitual.

-A liña 3A: no sentido de circulación Durmideiras-praza de Pontevedra, desde o Abente y Lago circulará polo Paseo Marítimo, Veramar, praza de España, Panadeiras e San Andrés, incorporándose en praza de Pontevedra ao seu itinerario habitual.

Ademais, a liña 14 circulará dende Os Castros pola avenida de Oza, dado que a do Exército vai estar ocupada polos e polas participantes na proba deportiva. Polo mesmo motivo, a liña 17, con sentido de circulación cara ao CHUAC, circulará desde Catro Camiños por avenida de Oza.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:

A %d blogueros les gusta esto: