coruna 12th abril 2018

A Concellería de Participación abre a convocatoria de subvencións para proxectos, actividades e gastos de funcionamento das entidades veciñais

by Victor Lamela

​A Concellería de Participación e Innovación Democrática destina 40.000 euros a apoiar o mantemento e as actividades das asociaciones veciñais do municipio durante este ano mediante o programa ​Barrios en movemento!​, dúas liñas de subvencións que se abriron por primeira vez hai dous anos. As axudas están destinadas a dúas finalidades diferentes, pero complementarias. A primeira delas, dotada con 30.000 euros, está destinada ao financiamento, en réxime de concorrencia competitiva, de programas, proxectos ou actividades de interese cívico, social ou cultural que realicen as entidades veciñais da Coruña en 2018 que favorezan a participación cidadá e que teñan un carácter complementario respecto dos programas municipais, mentras que a segunda delas, á que se dedican 10.000 euros, buscar apoiar ás entidades que non teñan local propio nin municipal cedido de manera gratuita, no referente aos seus gastos de funcionamento. A responsable do departamento de Participación, Claudia Delso, indica que “a creación e mantemento destas dúas subvencións é unha clara mostra do apoio deste Goberno local ao tecido veciñal e ao movemento dos nosos barrios”.

A convocatoria, que se publicará esta semana no ​Boletín Oficial da Provincia​, está dirixida a asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) e busca “promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadoras e catalizadoras da participación cidadá”. Os proxectos subvencionales con esta liña son aqueles que “empreguen metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos e abran espazos de debate”, así como actividades culturais, formativas e educativas abertas á veciñanza tales como información e formación en conductas cívicas ou mellora de hábitos en relación co contorno, obradoiros, cursos ou conferencias. Financiaranse tamén, a través desta convocatoria, pequenas celebracións populares que contribúan a manter tradicións culturais ou costumes propios de arraigo nos barrios. O importe máximo susceptible de ser subvencionado será de 3.000 euros, que poden chegar a cubrir o 100% do custo. A valoración dos proxectos terá en conta “o grao de interese social e a conexión co contexto e o territorio de actuación da entidade”, pero tamén outros aspectos tales como que os programas implique a apertura de consultas, metodoloxías de análise sobre a realidade do barrio e, en xeral, a articulación de mecanismos de participación individual abertos a toda a veciñanza, o fomento da diversidade e participación de colectivos diversos ou que as propostas sexan colaborativas, entre outros.

Tal e como explica a concelleira de Participación e Innovación Democrática, esta primeira convocatoria é compatible coa destinada a cubrir gastos xerais das entidades veciñais. Nesta liña de subvencións o límite é de 4.000 euros por entidade, que pode chegar a cubrir o 100% do gastos, entre os que se consideran os estritamente necesarios para o seu funcionamento. Así, serán considerados o alugueiro das sedes sociais, os gastos de subministracións de servizos, papelería, xestoría e asesoramento para trámites da entidade ou seguros. O prazo para a presentación das solicitudes das dúas subvencións é dun mes a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A %d blogueros les gusta esto: