Exposición 14th marzo 2019

A Concellería de Participación abre ata o 24 de marzo o prazo para solicitar o uso dos locais de ensaio entre abril e outubro

by Victor Lamela

A Concellería de Participación e Innovación Democrática ten aberto dende o pasado luns, e ata o día 24 de marzo, o prazo para a solicitude de uso gratuíto dos locais de ensaio municipais durante o período de abril a outubro de 2019. Os tres locais de ensaio municipais están dotados con toda a infraestrutura necesaria para os grupos, que, ademais de ter un espazo para tocar, dispoñen dun estudio de gravación, un departamento de deseño gráfico e audiovisual para definir a súa imaxe e diversos eventos onde mostrar en directo o seu traballo.

A convocatoria está dirixida tanto para mozos e mozas solistas ou grupos da cidade, nos que a metade das persoas integrantes estean empadroadas na Coruña ou matriculadas nalgún centro educativo do municipio no presente curso. Ademais, cando menos a metade do grupo debe ser menor de 30 anos. A solicitude, que se pode descargar na web ​www.coruna.es/cmix ou enhttp://locaisdeensaio.blogspot.com​, debe enviarse, xunto coa documentación requirida axuventude@coruna.es ata o 24 de marzo. As peticións que se reciban fóra do prazo atenderanse, por orde de recepción, a partir do 22 de abril. Unha comisión será a encargada de realizar o proceso de valoración, segundo os criterios que establecen as bases, e a listaxe provisional de grupos e solistas aceptadas estará publicada na web do CMIX e no blogue dos locais de ensaio o día 26 de marzo. A listaxe definitiva publicarase o 8 de abril, tras o período de reclamacións.

Os locais de ensaio enmárcanse dentro das políticas dirixidas á mocidade implementadas pola Concellería de Participación e Innovación Democrática nas que se traballa de xeito transversal para ofrecer alternativas de ocio e a xeración de hábitos positivos na mocidade.

A %d blogueros les gusta esto: