coruna 16/10/2015

A Concellería de Participación empregou a biblioteca de Durán Loriga para un encontro de A Porta Aberta “coa intención de ofrecer á veciñanza o espazo máis accesible posible”

by Victor Lamela

O Concello da Coruña e, en concreto, a Concellería de Participación e Innovación Democrática “teñen a vontade de que todos os encontros que se realicen cos veciños e veciñas da cidade sexan o máis accesible posibles, sobre todo de cara a coñecer a súa opinión para que poidan colaborar nas tomas de decisión do Goberno local”. Nesa máxima encadra a concelleira de Participación, Claudia Delso, a decisión do seu departamento de organizar o pasado día 13 na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga un dos 27 encontros veciñais que se están a levar a cabo dentro do proceso A Porta Aberta p ara, mediante un proceso participativo, organizar a cidade en distritos.

O proxecto participativo de A Porta Aberta se leva a cabo de forma presencial a través de 27 encontros dispoñibles a toda a poboación do barrio ou zona de influencia. Do total destas xuntanzas, 20 se programaron en centros cívicos ou veciñais. Non obstante, existen barrios da cidade que non contan con equipamentos desta natureza, especialmente na zona centro, no Ensanche e na Pescadería. “Aínda que a participación neste proceso pode facerse o n line, a través do sitio web do proxecto A Porta Aberta, non se considerou apropiada a decisión de non ofrecer á veciñanza do centro a posibilidade de participar de xeito presencial nos encontros, que buscan recoller achegas e opinións para definir os futuros distritos nos que se dividirá A Coruña, polo que se buscaron espazos alternativos aos centros cívicos, preferiblemente, de titularidade municipal”, comenta Delso.

Debido a esta causalidade, a concellería decidiu organizar tres encontros participativos no centro da cidade no CEIP Eusebio da Guarda, no local cedido á Federación de Anpas de Centros Públicos (na rúa Orzán) e nas dependencias municipais de Durán Loriga, nas que está ubicada a biblioteca. “A selección destes espazos estivo marcada, en primeiro lugar, pola ubicación e, ademais, pola necesidade de contar con espazos amplos e recursos axeitados para poder dar cabida a unhas 50/60 persoas, posto que falamos de encontros totalmente abertos”, aclara a concelleira.

O acto do pasado día 13 obrigou ao peche momentáneo do servizo de biblioteca, pola necesidade de espazo e recursos para levar a cabo o encontro participativo. Aínda así, para evitar molestias, “dende 10 días antes anunciouse este feito, de forma moi visible, nun banner na páxina web municipal de bibliotecas. Ademais colocáronse carteis e avisos no propio espazo, para que todas as persoas usuarias estivesen convintemente avisadas”. Ademais, a biblioteca prestou uns servizos mínimos na planta superior do edificio municipal, a fin de atender ás persoas que non recibiron o aviso e realizando algúns préstamos e recollidas de libros. O persoal da citada biblioteca informa de que non teñen coñecemento de ningunha queixa dos usuarios e usuarias da mesma durante o espazo temporal de horas que durou este peche.

A %d blogueros les gusta esto: