coruna 15/12/2015

A Concellería de Xustiza Social entrega os premios do concurso de viñetas “Sen adiccións… un bo plan”, destinado “ao fomento de alternativas de lecer e hábitos saudables”

by Victor Lamela

A Concellería de Xustiza Social e Coidados, dirixida por Silvia Cameán, vén de fallar e entregar os premios da V Edición do Concurso de Viñetas: “Sen adiccións … un bo plan”, que procura a promoción “do lecer saudable entre mozos e mozas”. A edil explicou que neste certame participou o alumnado de 12 a 16 anos que está a cursar a Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) na Coruña, en dúas categorías, correspondentes cos cursos 1o e 2o, e 3o e 4o. A participación podía ser tanto de carácter individual como promovida polo centro escolar.

unnamed

A temática que se abordou nesta edición para a categoría 1 (alumnado de 1o e 2o de ESO) foi “Lecer saudable…un bo plan”, e para a categoría 2 (alumnos de 3o e 4o de ESO) “Sen alcol e outras adiccións…un bo plan”. “O obxectivo deste concurso é implicar aos mozos e mozas no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas e fomentar as alternativas de lecer e hábitos saudables”, dixo a responsable municipal, que explicou que “as viñetas gañadoras poderán ser utilizadas en posteriores campañas ou actividades de prevención que se leven a cabo dende o Concello, así como para o desenvolvemento doutras actividades de carácter socioeducativo”.

A concelleira cualificou de “éxito” esta quinta edición na que participaron a gran parte dos centros educativos da cidade, así como un total de 385 mozos e mozas, con viñetas nas que se amosan as distintas interpretacións que dan ao tema obxecto do concurso, así como a importancia que ten a prevención no seu día a día. “Foi moi complicado escoller aos e as gañadoras porque a verdade é que todos son moi auténticos e con moita carga. Vese que efectivamente, as nais e os pais están a facer un bo traballo nestas tarefas de prevención de drogas, en cuxo caso a educación é fundamental”, destacou.

Na categoría 1, a gañadora foi Antía Pardo López, que cursa 1o de ESO no CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco. “A súa viñeta destaca porque un explica que ‘un bo plan’ non ten por que ir ligado ao uso de redes sociais ou elementos electrónicos, que usados de forma incorrecta poden crear conductas adictivas”, comentou Cameán.

Na categoría 2, o premiado foi David Pérez Plaza, que cursa 3o de ESO no IES Eusebio da Guarda. “O autor respecta o deseño da viñeta clásica, expresando nun golpe visual o significado do que quere reflectir nela, esquematizando a fórmula da idea dunha forma directa, acompañándoa de dúas frases curtas que complementan a viñeta e sintetizan a temática do concurso”, dixo a responsable de Xustiza Social e Coidados.

Debido a calidade dos traballos presentados, o xurado desta V edición decidu outorgar un áccesit en ambas categorías. Na primeira, o premio foi para Julio García Tenorio (1o de ESO no Colexio Santo Domingo), mentres que a segunda foi para Marina Aradas Cedeira (4o de ESO no IES Ramón Otero Pedrayo).

O premio para cada unha das categorías consiste nun vale de 150 euros en material deportivo para o premiado e un vale de 100 euros en material deportivo ou escolar para os centros premiados. Os accésits consisten nun vale de 75 euros en material deportivo para os e as autoras das viñetas e un vale de 50 euros para os centros.

Por outro lado, a Concellería de Xustiza Social e Coidados iniciou, no mes de outubro, os talleres de prevención escolar correspondentes ao curso 2015­2016 do Programa municipal de Prevención de drogodependencias e conductas adictivas. Para este curso realizaranse 300 talleres en centros escolares de Primaria e de Secundaria da cidade nos que participarán, aproxidamente, 6.200 mozos e mozas. “Neles preténdese informar sobre os riscos e consecuencias a curto e longo prazo do consumo de drogas, así como promover unha actitude crítica e responsable nos e nas rapazas, co fin de previr o inicio do consumo de alcol e outras substancias”, comentou a edil. Os talleres son impartidos por profesionais de entidades da cidade con experiencia no campo da prevención das drogodependencias e as conductas adictivas: Asociación cidadá de loita contra a droga (ACLAD), Asociación de axuda a familiares de drogodependentes (ADAFAD) e Asociación de ludópatas rehabilitados (AGALURE) así como outros e outras docentes con experiencia neste ámbito.

A %d blogueros les gusta esto: