Uncategorised 5th abril 2018

A Concellería de Xustiza Social organiza 40 talleres de prevención das adiccións dixitais para “informar adecuadamente dos riscos” a menores e as súas familias

by Victor Lamela

​Entre o 15 de abril e o 15 de xuño deste ano nove centros cívicos da cidade acollerán os talleres de prevención de adiccións a TIC e redes sociais, actividades que terán a súa continuidade, pasado o verán, entre o 1 de outubro e o 10 de decembro, segundo avanzou este mércores a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán. “Os medios de comunicación electrónica son utilizados con frecuencia polos menores de maneira indebida, o que pode acabar provocando adicións ou, no peor dos casos, converténdoos en vítimas de, por exemplo, sexting ou outras situacións que poden acabar en delito”, explicou. A edil indicou que esta realidade “fai imprescindible informar adecuadamente tanto os e ás menores como os seus pais e nais dos posibles riscos e usos problemáticos das TIC”.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados pon en marcha esta acción dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias “que ten como obxectivo realizar accións que promovan a adopción de estilos de vida saudables e que eviten o inicio de consumo de substancias adictivas, así como as consecuencias de condutas de risco relacionadas con outras adiccións como as derivadas dun uso excesivo das tecnoloxías dixitais”. Cameán explicou que estes obradoiros de prevención están destinados fundamentalmente a nenos e nenas a partir de 11 anos e ata a súa maioría de idade, así como para as súas familias. Estarán impartidos por unha das entidades “de refencia na cidade” no ámbito das adiccións, como é a Asociación de Loita contra a Droga (Aclad), que recibe un financiamento municipal de 260.000 euros para diversas actuacións -entre as que se inclúe a de prevención no eido das TIC- o que supón un aumento do 250% dende 2015 . Pola súa banda, o director de Aclad, Miguel Plaza, agradeceu o apoio do Concello para “todo tipo de iniciativas socias que se están a levar a cabo na cidade” e pediu difusión para que os talleres cheguen “a toda a xente que poida manifestar interés ou necesidade” deles. “Atopamos un acougo á hora de poder efecturas novas intervencións que na actualidad, na sociedade, se están demandando”, apuntou.

Os obradoiros están dividos en tres tipos, segundo o público destinatario, para poder traballar nas necesidades específicas de cada grupo de idade. Deste xeito, e tal e como explicou a psicóloga resposable de Aclad, Mayte Lage, haberá sesións para nenos e nenas de entre 11 e 13 anos e entre 14 e 18 anos nos que se abordará o uso, abuso e dependencia das TIC, a privacidade, a identidade dixital e reputación en liña, o ciberacoso escolar, sexting, grooming, o uso de videoxogos, a xestión da información e o acceso a contidos apropiados. Nas sesións dirixidas a pais, nais e outras persoas adultas afondarase tamén nos riscos e usos problemáticos das TIC (perda de control, acceso a contidos inadecuados, interacción con descoñecidos, gasto económico, uso inadecuado de videoxogos, infraccións legais na rede, xestión da privacidade, sexting ou ciberacoso, entre outras), así como a prevención do uso inadecuado, educación nas TIC, seguridade e ferramentas.

Os 40 talleres programados terán 20 prazas cada un, polo que chegarán a 800 persoas, e comenzarán a impartirse en horario de tarde nos centros cívicos de O Castrillón, Cidade Vella, Elviña, Os Mallos, Novo Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Labañou e Os Rosais, coa posibilidade de estenderse a algún máis nos próximos meses. Para poder acceder a eles é preciso preinscribirse nos propios centros.

A %d blogueros les gusta esto: