coruna 9th julio 2019

A Corporación aproba por unanimidade as retribucións dos concelleiros

by Victor Lamela

O Pleno do Concello aprobou por unanimidade as retribucións, idénticas tanto para os edís de goberno como os da oposición dependendo da exclusividade da súa xornada laboral, nunha sesión extraordinaria na que tamén se lle deu luz verde á periodicidade das sesións ordinarias que pasarán a horario de mañá e celebraranse unha vez ao mes, coa intención de desenvolver as propostas das distintas forzas políticas con tempo.

En canto á creación e composición das comisións do Pleno da Corporación, o voceiro do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage, destacou a posta en marcha de tres comisións de carácter especial: do Borde Litoral, da cidade das TIC,s e unha terceira sobre como consorciar servizos coa área metropolitana.

Lage subliñou que “o diálogo é unha ferramenta política de primeira magnitude”, queten permitido nestas tres primeiras semanas chegar a acordos programáticos coas outras forzas progresistas, pero tamén pactar o pleno de organización cos restantes grupos políticos. “Non hai equidistancia, xa que a maioría progresista daCorporación é clara, pero tamén teño que dicir que non vai haber cordóns sanitarioscon ningún grupo”.

Amosou a disposición do goberno a dialogar con todos grupos da corporación, independentemente da ideoloxía de cada partido e explicou que “ábrese un tempo novo”.

“Hai que rematar coa política de trincheiras” explicou Lage Tuñas para defender que aínda habendo diferenzas evidentes co Partido Popular, “non se trata de illar aninguén, senón todo o contrario, temos que chegar a acordos pensando no interesexeral da cidadanía”. Así explicou que “a vontade do goberno é traballar conxuntamente con todos os grupos para que A Coruña recupere o liderazgo sociale económico”.

Todas as forzas políticas votaron a favor da proposta de organización, que inclúe as retribucións dos edís e no caso do punto seis, respecto á modificación do cadro de persoal eventual, a votación tamén foi unánime a favor agás pola Marea Atlántica, que se abstivo.

Lage Tuñas afirmou que o Goberno municipal sentiuse cómodo na negociación dos acordos coas dúas forzas progresistas, BNG e Marea, e deixou aberta tamén a porta a chegar a acordos con C ́s e co PP.

Explicou que “non caben sectarismos, é un tempo novo na cidade” e aclarou que “se pode e debe falar con todos os grupos” ao tempo que defendeu que “temos que xuntarnos en pro da Coruña”.

No pleno contempláronse outras cuestións que non se tiveron que votar xa que son tomas de coñecemento como a declaración de urxente necesidade polos riscos para a seguridade pública derivados da situación da antiga cafetería Remanso; o nomeamento de tenentes de alcalde, membros da xunta de goberno, as delegacións nos concelleiros e a asignación de directores e constitución dos cinco grupos municipais e os seus correspondentes voceiros.

A %d blogueros les gusta esto: