coruna 05/02/2016

A Coruña acolle a estrea de ‘Zugunruhe’, realizada a través de dúas residencias no Teatro Rosalía Castro e a Fundación Luis Seoane

by Victor Lamela

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá no Pazo de María Pita, a obra Z ugunruhe, da compañía coruñesa ArtesaCía, “unha experiencia transcénica inmersiva”, segundo definiu o edil, que se estreará esta fin de semana no Teatro Rosalía Castro. A compañía vén de realizar unha residencia técnica sobre o escenario de Riego de Agua e unha artística na Fundación Luis Seoane, onde representarán a peza o luns 8 e martes 9 nunha versión complementaria. O concelleiro salientou a relevancia que desde a súa área quere darse á realización de experiencias vinculadas ás residencias técnico­artísticas nos espazos municipais, “un proceso previsto na proposta do Goberno local”. “As residencias son un dos grandes retos de Culturas”, explicou o edil, “xa que o proceso artístico non se limita só a representación”. Sande, que estivo acompañado na presentación polo director do Rosalía Castro, Paulo Rodríguez, e o director da Fundación Luis Seoane, David Barro, avanzou que o Concello da Coruña impulsará estas iniciativas “dun xeito máis concreto” nos vindeiros meses, xa que “favorecen os procesos de creación locais” así como “a transversalidade entre as distintas disciplinas artísticas”.

unnamed

Zugunruhe “ é o resultado dunha investigación” segundo Roi Fernández, un dos seus creadores, que tivo como punto de partida “a vertebración doutro tipo de actividades” interdisciplinares promovidas desde a Concellería de Culturas nas Festas de María Pita 2015. Neste caso, a iniciativa parte de T ranscénicas que acolleu o pasado mes de agosto a Fundación Luis Seoane, e na que participaron distintos axentes sociais e culturais. O director do museo, David Barro, saudou a “interrelación entre as institucións” municipais e deste tipo de proxectos, “a única maneira que os nosos creadores poidan proxectarse tocando distintas disciplinas e coñecerse uns aos outros”.

O traballo que agora presenta Artesacía é unha das cinco estreas de teatro galego que terán lugar esta primavera o Teatro Rosalía Castro. Zugunruhe, “un termo alemán que fai referencia á ansiedade que lles afecta aos paxaros á hora de emigrar”, manifestou Fernández, xira ao redor da “ansiedade do ser humano social e contemporáneo”. A obra sitúa a escena na noitevella de 2019, onde tres personaxes (unha creadora de contidos porno, un actor e unha diva televisiva) quedan atrapadas no aeroporto de Bos Aires por unha tormenta, e o seu único contacto co exterior vén a través das pantallas luminosas do aeródromo. A compañía, formada no mundo audiovisual e das artes escénicas, presentará unha peza transversal na que conxugarán o movemento escénico co videomapping e creación sonora, e na que “experimentarán co vídeo 360o e a realidade inmersiva”, afirmou Fernández.

O director do Rosalía Castro, Paulo Rodríguez felicitou na presentación á compañía coruñesa, de recente creación, pola aposta dun “teatro necesario, valente, atrevido, cun código escénico de seu necesario para nutrir a escena galega”. A estrea de Z ugunruhe será mañá, venres 5, ás 20.30 horas, e contará cunha segunda sesión o sábado, día 6, á mesma hora. As entradas, que xa están a venda, poderán adquirirse nas canles habituais ( Praza de Ourense ­ de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 horas ­, no teléfono 902044226 ­ de luns a venres de 9 a 22 horas, sábados de 14 a 22 horas ­ e na plataforma w ww.ticketea.com, e no despacho do mesmo Teatro Rosalía os días de función ­de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas­). C omo vén sendo habitual, as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou posuidoras do Carné Xove, terán un desconto do 20% nos seus billetes.

Despois da súa estrea, Z ugunruhe representase até en seis ocasións o luns 8 (ás 17 h, 19 h e 21 h) e o martes 9 (ás 12 h, 18 h, e 20 h) na Fundación Luis Seoane. Será unha “versión complementaria e reducida”, segundo expuso a actriz Laura Villaverde, da obra do Rosalía. Os pases, de 30 minutos, serán para grupos dun máximo de 20 persoas, que terán que solicitar a súa entrada previamente a través do email a rtesacia@gmail.com. No correo será necesario axuntar o nome completo e número de entradas que precisa. As entradas terán un custo de 3 euros e será necesario levar un smartphone á representación para participar “na realidade inmersiva”, afirmou Villaverde.

Toda a información sobre o proceso creativo de Zugunruhe pode coñecerse no blog realizado polos membros da compañía en h ttp://zugunruheartesacia.tumblr.com/

A %d blogueros les gusta esto: