Exposición 05/11/2019

A Coruña acolle ata o vindeiro domingo o festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual Corufest

by Victor Lamela

Coruña acolle esta fin de semana o Festival das artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, o Corufest, que conta co apoio da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento que encabeza José Manuel Sande. O festival, que ​aposta pola programación de accións para dar visibilidade á liberdade afectivo-sexual e impulsar un espazo de reflexión, diálogo cultural e inclusión social, ten como escenarios a Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón e o Rosalía de Castro.

A oferta iniciouse o día 9 e rematará o vindeiro domingo. O Teatro Colón acollerá esta noite, ás 20.30 horas, o espectáculo ​Miguel de Molina, Al Desnudo​. Tamén neste espazo, pero o sábado 11 haberá dúas funcións. A primeira, que comeza ás 20.00 horas, será a de ​Closet​, da asociación ALAS, á que seguirá o concerto de Putochinomaricón, ás 21.00 horas. A comedia contemporáneaGeneration Why​ será o peche do festival, o día 12 de maio, no teatro Rosalía de Castro.

As actuacións do Teatro Colón ​teñen un prezo de 10 euros. O espectáculo do Rosalía de Castro custa 14 euros na tarifa xeral, pero existen tamén prezos cos descontos habituais neste recinto municipal.

A %d blogueros les gusta esto: