coruna 26th junio 2018

A Coruña acollerá este sábado a celebración do Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo ao Aire Libre

by Victor Lamela

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou na presentación do Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo ao Aire Libre, tanto da categoría feminina como masculina, que se celebrará o vindeiro sábado, 30 de xuño, no estadio do campus universitario de Elviña.

Acompetición, quesedesenvolveráenhorariodemañá(10.30-13.50horas)edetarde(17.00- 20.00 horas), acollerá semifinais e finais de martelo, pértega, altura, disco, peso, salto de lonxitude, xavelina, entre outras modalidades. “A inauguración das pistas de Elviña cun campionato deste nivel é unha excelente nova para a cidade, e marca a liña a seguir nos vindeiros anos”, apuntou José Manuel Sande, quen salientou o “firme e necesario compromiso” do goberno local co atletismo. “Con esas pistas, froito dun esforzo importante do Concello, así como da Universidade da Coruña e Deputación, solvéntase unha quebra histórica na Coruña que se produciu nos anos noventa, como foi o peche das pistas de Riazor”, sinalou o edil.

No LXXXV Campionato absoluto masculino e no L Campionato absoluto feminino poden participar as e os atletas que, coas marcas mínimas acreditadas, formen parte nesta tempada dalgún club galego, que teñan ficha da Federación Galega de Atletismo (FGA) ou mesmo aquelas persoas convidadas expresamente pola FGA. O prazo de inscrición estará aberto até as 20.00 horas deste martes, día 26, a través da páxina web da Real Federación Española de Atletismo (RFEA),https://isis.rfea.es/sirfea2/​.

A %d blogueros les gusta esto: