coruna 08/23/2019

A Coruña ofrecerá esta fin de semana tres citas acuáticas de primeiro nivel

by Victor Lamela

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, presentou a cuarta regata da Liga Provincial da Coruña de Piragüismo e a primeira bandeira feminina e a duodécima masculina do Teresa Herrera de Traiñeiras, que farán que a cidade mire esta fin de semana o mar para gozar dun espectáculo físico que no caso das piraguas estará protagonizado por 13 clubs desde Boiro e Narón nas categorías feminina e masculina de caiac e canoa:“Unha cita para promocionar esta especialidade de arraigamento no país, ademais de potenciar os distintos clubs que fan máis bonitas as rías ao peiteárenas coassúas pas”.

O edil agradeceu o labor da Federación Galega de Piragüismo e a Sociedade Deportiva As Xubias por arroupar este deporte desde hai preto de 70 anos e comprometeuse a dotar tanto esta como outras especialidades minoritarias dunhas instalacións dignas.

Pero A Coruña será tamén escenario do Teresa Herrera de Traiñeiras o sábado e o domingo, cunha primeira xornada de clasificacións na que participarán 404 tripulantes, que lle dará paso á regata final o domingo, con 225 deportistas ofrecendo un espectáculo físico de primeiro nivel. A competición, organizada pola Federación Galega de Remo, coincidirá coa final da Liga Galega de Traiñeiras 2019, polo que, na explanada do Pazo dos Deportes, terá lugar o sábado a entrega de premios.

En canto aos galardóns do trixésimo cuarto Trofeo Teresa Herrera, no caso doshomes, e o cuarto delas, “por primeira vez serán iguais economicamente para ambos os sexos”, sinalou Borrego.

Borrego explicou que serán dúas citas máis para sumar e festexar nesta Coruña que xa do atractivo que ten por si soa, gaña: “Engrandécese ao apoiar estasprácticas deportivas cun Teresa Herrera e cunha liga de piragüistas cunha tradiciónque vén de anos”. Pola súa parte, o presidente da Federación Galega dePiragüismo, Alfredo Bea, agradeceulle ao Concello a aposta polos deportes náuticos e destacou que en poucos lugares do mundo se xuntan máis de 350 deportistas de categorías tan novas e que A Coruña, polo número de licenzas e de actividade, hoxe en día supera mesmo a Asturias, Andalucía, Cataluña ou Euskadi.

Sobre o Teresa Herrera, o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas, remarcou o feito de que, por primeira vez, se lles entreguen no Teresa Herrera as mesmas recompensas económicas ás mulleres e aos homes e que na ensenada do Orzán se dará un récord histórico de participantes coa presenza de 22 clubs masculinos e sete femininos. Engadiu Seijas que se homenaxeará nacelebración á xente do mar co canto da “Salve Mariñeira”.

A %d blogueros les gusta esto: