coruna 11/08/2020

A Deputación apoia con 58.476 euros a 12 agrupacións de Protección Civil da provincia

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña apoia con 58.476,51 euros a actividade das agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.

O BOP publica hoxe a concesión provisional destas axudas, que beneficiarán ás asociacións e agrupacións dos concellos de Cerceda, Porto do Son, Zas, A Laracha, Vedra, Betanzos, Carnota, Muros, Oroso, Vilasantar e Negreira.

Con esta axuda “damos o noso apoio a un servizo público esencial, sobre todo para os concellos do rural, e que nesta crise sanitaria amosou o seu compromiso á hora de axudar á poboación galega nun momento tan complicado” indicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

As subvencións poden consultarse na BOP de hoxe                           https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/10/2020_0000005542.pdf                              ou na listaxe que achegamos con esta nota de prensa.

 

A %d blogueros les gusta esto: