coruna 22nd mayo 2019

A Deputación apoia con case medio millón de euros o desenvolvemento de actividades culturais de fundacións e entidades sen fin de lucro

by Victor Lamela

Un total de 34 fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas recibirán 455.249 € a través da liña de axudas da área de Cultura da Deputación da Coruña. A resolución publícase no BOP deste 21 de maio.

Cun orzamento de 455.249  euros, a Deputación publica a concesión definitiva dunha liña de axudas que ten por obxecto apoiar as programacións fundacións e entidades culturais. Nesta nova edición da convocatoria, 34 foron as entidades beneficiarias.

Para a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, esta liña de axudas “afortala e consolida o papel que están a desenvolver fundacións e entidades e dálle estabilidade para continuar a realizar as súas programacións anuais”.

Entre as actividades que se apoian a través desta liña atópanse programas educativos, inventarios e catalogación de fondos,  programas de difusión e organización de xornadas, certames musicais, iniciativa de promoción de centros ou  ciclos de proxeccións

Entidades como o Museo do Pobo Galego e a Fundación Eugenio Granell con 27.000 euros, o Centro de Estudos Melidenses-Museo Terra de Melide con 21.000 euros ou a Fundación Luís Seoane con 28.500 € son algúns dos centros que se beneficiarán do programa da Deputación da Coruña.

 

Entidade Concedido
FUNDACION CENTRO INTERNACIONAL DA ESTAMPA CONTEMPORANEA 24.000
FUNDACION WENCESLAO FERNANDEZ FLOREZ 15.000
ASOCIACION PATRONATO MUSEO ETNOGRAFICO DA CAPELA 10.170
FUNDACION BENEFICO DOCENTE FERNANDO BLANCO 3.750
 

 

FUNDACION ARA SOLIS

 

 

1.000

FUNDACION BIBLIOTECA DE LA CASA CONSULADO 10.629,63
FUNDACION LUIS SEOANE 28.500
FUNDACION MANUEL MARIA DE ESTUDOS GALEGOS 27.000
FUNDACION OLGA GALLEGO 3.000
FUNDACION PAIDEIA GALIZA 6.874,70
REAL E INSIGNE COLEXIATA DE A CORUÑA 3.570
CENTRO ESTUDIOS MELIDENSES-MUSEO TERRA MELIDE 21.000
FUNDACION RICARDO PEREZ Y VERDES 9.996
FUNDACION NACIONAL FUNDASPE 7.154
FUNDACION PAZOS CUCHILLO DE PAZOS 5.600
FUNDACION ROSALIA DE CASTRO 15.000
FUNDACION EDUARDO PONDAL 7.788,53
MUSEO ETNOGRAFICO MONTE CAXADO 6.000
FUNDACION MUSEO ARTES GRABADO ESTAMPA DIGITAL 18.000
ARZOBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 12.000
FUNDACION ACADEMIA GALEGA DA LINGUA PORTUGUESA 12.000
FUNDACION ARAGUANEY PonTE DE CULTURAS 2.635
FUNDACION CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 9.000
FUNDACION DARDO INSTITUTO DO DESEÑO E DAS ARTES CONTEMPORANEAS (DIDAC) 28.500
FUNDACION EUGENIO GRANELL 27.000
FUNDACION GALIZA SEMPRE 14.358,24
FUNDACION GONZALO TORRENTE BALLESTER 15.000
FUNDACION LUIS TILVE 28.500
FUNDACION PARA O ESTUDIO E DIVULG.CUESTION SOC.E SIND.GALICIA 18.000
FUNDACION TERRA E TEMPO DE ESTUDOS NACIONALISTAS 17.000
FUNDACION 10 DE MARZO 7.322,99
PATRONATO DE LA CASA DE TROYA 11.900
PATRONATO DO MUSEO DO POBO GALEGO 27.000
FUNDACION BRANDOMIL 1.000
455.249,09
A %d blogueros les gusta esto: