coruna 03/08/2020

A Deputación aproba máis de 2,6 millóns de euros para mellorar a seguridade na rede provincial de estradas

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña aprobou na sesión plenaria celebrada o venres 31 de xullo, unha inxección económica de 2,6 millóns de euros na rede viaria provincial destinados a mellorar estradas e construír novas sendas peonís nos concellos de Touro, O Pino, Monfero, Arteixo, A Laracha, Boqueixón, Toques, Vimianzo e Oleiros.

Estes traballos corresponden á 5ª Fase do Plan de Conservación en vías provinciais 2020 e á 1ª Fase do Plan de Sendas Peonís 2020. Os proxectos que se acometerán grazas a este investimento son os seguintes:

  • Nos concellos de Touro e O Pino: reforzo de firme na DP6602 Fonte Díaz a Santa Irene. Orzamento de 238.231,59 euros.
  • No concello de Monfero: reforzo e mellora superficial do firme na DP 0905 entre o PQ26+000 ao 32+800. Orzamento de 467.473,26 euros.
  • Nos concellos de Arteixo e A Laracha. Mellora da capa de rodaxe con MBQ na DP0513 da estrada de Pontemuíños a Caión por Paiosaco. Orzamento de 256.593,54 euros.
  • No concello de Boqueixón: senda peonil na DP 1201 do PQ 2+360 ao 3+550 e do PQ 4+500 ao 5+200. Orzamento de 291.198,29 euros.
  • No concello de Toques: senda peonil na DP 4604 do PQ 5+950 a 7+585 ao seu paso polos núcleos de A Zarra, A Barxa e Souto. Orzamento de 117.973,32 euros.
  • No concello de Vimianzo: senda peonil na estrada DP 1603 ao seu paso por Tufións entre o PQ 2+850 e PQ 3+480. Orzamento de 493.846,69 euros.
  • No concello de Oleiros: ampliación da plataforma e construción de beirarrúas no ramal da estrada DP 5811, denominado rúa do Souto, que enlaza o núcleo de Coruxo con Santa Cruz. Orzamento de 770.183,68 euros.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que a Deputación segue apostando pola mellora da seguridade nos máis de 2.500 quilómetros de estradas provinciais.

A %d blogueros les gusta esto: