coruna 14/12/2015

A Deputación colabora con Tierra de Hombres para operar na Coruña a dez nenos africanos enfermos de cardiopatías

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña destina 10.160 euros para financiar unha nova edición do programa “Viaxe cara á vida” da Fundación Tierra de Hombres, que durante este ano permitiu traer a dez nenos e nenas de países africanos como Togo, Benin, Senegal ou Mauritania para ser operados de cardiopatías no CHUAC da Coruña.

unnamed

O acordo de colaboración foi asinado hoxe polo deputado responsable de Economía e Facenda, Antonio Leira, e o delegado da ONG en Galicia, Rául Besada, que agradeceu o apoio da institución provincial para facer realidade este proxecto que “contribúe a salvar vidas”, xa que os rapaces que reciben atención médica especializada en España sofren doenzas que non poden ser tratadas no seu país de orixe.

Besada subliñou tamén o “papel fundamental” que xogan os médicos que se implican no programa e os voluntarios e familias de acollida coruñesas que colaboran neste programa, e que se encargan de atender e coidar aos nenos durante a súa estancia en España para ata a súa completa recuperación.

Pola súa banda, Antonio Leira gabou “a gran labor solidaria” que desenvolve Tierra de Hombres, que ven realizando este programa dende 1994.

A %d blogueros les gusta esto: