Fotografía 15th mayo 2018

A Deputación convoca un concurso de fotografía para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018

by Victor Lamela

O centro Europe Direct A Coruña, pertencente á Deputación provincial, organiza a quinta edición do concurso de fotografía “Cidadáns europeos en Galicia”, que baixo o lema “Patrimonio cultural europeo, Preto de ti!” conmemora o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018.

Os interesados en participar deben enviar ao correo electrónico ciudadanoseuropeosengalicia@gmail.com unha ou varias fotografías que reflictan paisaxes, tradicións, costumes, arte, folclore, gastronomía, entre outros temas, de calquera país da Unión Europea.

O gañador deste concurso será premiado cunha cámara de fotos, mentres que o autor do segundo mellor traballo recibirá unha tablet.

O prazo de presentación está aberto ata o 27 de maio ás 14 horas, e poderán participar todos os residentes en Galicia, maiores de 18 anos.

As fotografías deberán enviarse en formato JPG e cunha resolución mínima de 300 píxeles, indicando que se presentan para o concurso de Europe Direct A Coruña e cunha breve descrición sobre o que representa a fotografía.

A %d blogueros les gusta esto: