Deportes 02/05/2019

A Deputación da Coruña apoia con 1 millón de euros aos clubes deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña destina 1.013.208,48 euros a apoiar aos clubes deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

A resolución provisional deste programa de apoio ao deporte coruñés, publicada o pasado venres no Boletín Oficial da Provincia, beneficia a un total de 94 clubes coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel.

A media das axudas supera os 10.000 € por equipo. As subvencións oscilan entre os 150.000 € que recibe o Hockey Club Liceo ou os 125.000 do Club Basquet Coruña, clubes con maior número de socios, até os 1.817 € que percibirá o Club de Pesca do Barbanza, os 1.972 € do Judo Club Cambre ou os 2.204 € da Agrupación Deportiva de Tenis de Mesa de Zas.

O deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, Antonio Leira, destacou a “importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés”.

 

Clubs beneficiarios Importe subvención
Beneficiario: ADVENTURE ADDICTS BUFF-THERMO COOL

Obxecto: Solicitude axudas para desprazamentos, inscricións, fisioterapia, seguros, licencias…para as competicións, de carácter nacional e internacional, nas que participan deportistas do club

4.466,40 €
Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA C.P. DE ZAS
obxecto: Tenis de mesa – subvención participación ligas federas de ámbito nacional
2.204,80 €
Beneficiario: AGRUPACION DEPORTIVA NAUTICO NARON
Obxecto: Participar en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2018
10.000,00 €
Beneficiario: ARTEAL TENIS MESA
Obxecto: Tenis de mesa – liga nacional superdivisión
9.000,00 €
Beneficiario: ATLETICA A SILVA
Obxecto: Outras modalidades. atletismo federado.competicións nacionais e internacionais
3.000,00 €
Beneficiario: BERGANTIÑOS, F.C.
Obxecto: Fútbol 3ª división – Participación en competición federada de ámbito nacional
10.000,00 €
Beneficiario: CLUB AGRUPACION DEPORTIVA TRIATLON OLEIROS
Obxecto: Outras modalidades deportivas e categorias con equipos ou deportistas (no caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas nacionais ou internacionais: – Natación categoría junior campionato de España junior e absoluto
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB ATLETISMO SADA
Obxecto: Participación en atletismo competición nacional ou internacional, categoría inferior a división de honra
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB ATLETISMO SANTIAGO
Obxecto: Outras modalidades deportivas – Atletismo
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB BALONCESTO CULLEREDO
Obxecto: Equipo de baloncesto de liga EBA nacional
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB BASQUET CORUÑA
Obxecto: Participación en competición federada de ámbito nacional ou internacional – Baloncesto: LEB-ORO
125.000,00 €
Beneficiario: CLUB BEISBOL Y SOFBOL CAMBRE
Obxecto: Competición federada de ámbito nacional SOFBOL femenino división de honra
7.000,00 €
Beneficiario: CLUB BRIGANTIA AVENTURA
Obxecto: Participación na Liga Nacional e Internacional de Orientación de O-BP, O-PE, RAIDS de aventura, tempada 2018
3.000,00 €
Beneficiario: CLUB CICLISTA CAMBRE
Obxecto: Clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional e internacional o ano 2018. Modalidade deportiva e categoría: Carretera: Elite e Sub23
12.000,00 €
Beneficiario: CLUB CICLISTA PADRONES
Obxecto: Participación en competicións nacionais e internacionais
7.602,29 €
Beneficiario: CLUB DE ARQUITECTURA TECNICA
Obxecto: Gastos directos na competición de división de honra b masculina de Rugby
13.000,00 €
Beneficiario: CLUB DE PESCA DO BARBANZA
Obxecto: Pesca deportiva, salmónidos mosca e pesca dende costa. categoria absoluta masculina e damas
1.817,02 €
Beneficiario: CLUB DEL MAR DE MUGARDOS
Obxecto: Subvencionar a actividade deportiva do Club do Mar de Mugardos, sen ánimo de lucro, con equipos que participan en competicións federada de ámbito nacional durante o ano 2018
4.800,00 €
Beneficiario: CLUB DEPORTIVO ACORDES
Obxecto: Ximnasia rítmica, deporte federado , competicións nacionais
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB DEPORTIVO ALDEBARAN DE SAN SADURNIÑO
Obxecto: Financiamento para actividades federadas de ambito nacional
17.000,00 €
Beneficiario: CLUB DEPORTIVO BLACK RAVENS F.A.
Obxecto: Facer fronte a parte dos gastos dos equipos do Club nas máximas competicións nacionais, como son o equipo sénior de TACKLE que compite na LNFA (1ª división nacional) e o equipo de FLAG FOOTBALL feminino que compite na SPANIXH FLAG BOWL
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB DEPORTIVO ESCUELA AYUDE
Obxecto: Kickboxing / Infantil-Xuvenil-Senior competición nacional ou internacional
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB DEPORTIVO ESQUIO
Obxecto: Axuda ao pago das adestradoras e gastos coa Federación de ximnasia. Deporte Ximnasia Rítmica. Categoría Nacional antes pasando pola autonómica e provincial
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB DEPORTIVO MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO DUMBRIA
Obxecto: Piragüismo slalom – Actividade nacional 2018
800,00 €
Beneficiario: CLUB DEPORTIVO NATURAL SPORT VIDELGI-RIVEIRA
Obxecto: Participación campionato europeo de clubs
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB DO MAR DE NOIA
Obxecto: Outras modalidades deportivas e categoría con equipos ou deportistas que participen en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB FISOBER, F.S.F.
Obxecto: Participación liga 2 división nacional de fútbol sala feminino
3.000,00 €
Beneficiario: CLUB GALLAECIA RAID
Obxecto: Participación en competicións nacionais federadas orientación (raid/elite, a pe, mtb)
4.500,00 €
Beneficiario: CLUB HERCULES XTRM
Obxecto: Subvención na participación de deportistas do club en competicións federadas de ámbito nacional e internacional no ano 2018-BTT
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB ITF NOIA
Obxecto: Kick Boxing,participación en competicións federadas ámbito nacional ou internacional.
2.500,00 €
Beneficiario: CLUB KEMPO BARBANZA
Obxecto: Campionato nacional de kempo
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB KICKBOXING C.JUANCHO
Obxecto: Kickboxing participación federada nivel nacional/internacional ano 2018
3.565,00 €
Beneficiario: CLUB KWON BETANZOS
Obxecto: Financiar os gastos derivados da participación de deportistas federados en competicións oficiais nacionais e internacionais
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB LARACHA C.F.
Obxecto: Competir na terceira división de fútbol
10.000,00 €
Beneficiario: CLUB MARISTAS-LA CORUÑA
Obxecto: Baloncesto: 2ª división feminina
30.000,00 €
Beneficiario: CLUB NATACION ARTEIXO
Obxecto: Natación – competicións nacionais categorías: alevín, infantil e absoluta
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB NATACION CERCEDA
Obxecto: Salvamento e Socorrismo deportivo. Competicións nacionais e internacionais (infantís, cadetes, xuvenís juniors e absolutos)
2.500,00 €
Beneficiario: CLUB NATACION CORUÑA
Obxecto: Competicións de natación nacionais e internacionais
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB NATACION LICEO
Obxecto: Traslados y aloxamentos en competición federada de ámbito nacional o internacional durante el año 2018. Natación Liceo
3.000,00 €
Beneficiario: CLUB NAUTICO PORTOSIN
Obxecto: Participación do club a nivel nacional/internacional na modalidade vela lixeira, clase 49er
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB NOIA FUTBOL SALA
Obxecto: :Fútbol sala: 2.ª división masculina
30.000,00 €
Beneficiario: CLUB O ESTEO FUTBOL SALA
Obxecto: Subvención fútbol sala 2ª división
24.000,00 €
Beneficiario: CLUB OLIMPICO DE VEDRA
Obxecto: Licenzas, inscricións, desprazamento e aloxamento Liga Nacional de Duatlón 2ª división 2018
7.000,00 €
Beneficiario: CLUB ORIENTACION CORUÑA (C.O.CO.)
Obxecto: Outras modalidades deportivas e categorías con equipos ou deportistas que participen en competicións oficiais das ligas mundial e nacional de Raid de aventura, Carreiras de orientación e Bici orientación
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB PATIN AXEL ARTEIXO
Obxecto: Participar nos campionatos de España de Show de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2018
3.000,00 €
Beneficiario: CLUB PATINAXE ALQUIMIA DE CARRAL
Obxecto: Participación de patinadores do CP Alqumia en campionatos nacionais e internacionais do calendario oficial da Real Federación Española de Patinaxe
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB PATINAXE DE RIVEIRA
Obxecto: Participar nos campionatos de España de Show de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2018
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB PEÑA CICLISTA TOXO
Obxecto: Eventos e competicións deportivas c.p.c. toxo 2018
3.680,00 €
Beneficiario: CLUB RIA DE BETANZOS
Obxecto: Modalidade: pista liga olímpica _Categorías: Senior Masculina, Senior Femenina- Actividade Nacional e Internacional deportistas Club Ría de Betanzos
6.500,00 €
Beneficiario: CLUB SADA PATIN
Obxecto: Liga nacional 2018
4.500,00 €
Beneficiario: CLUB SALVAMENTO SADA
Obxecto: Participación de deportistas en campionatos de España, internacionais e mundial salvamento deportivo
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB SANTO DOMINGO BETANZOS
Obxecto: Participación na liga EBA do equipo sénior do club
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB SILVA S.D.
Obxecto: Participación no campionato nacional de liga de 3ª división nacional de fútbol
10.000,00 €
Beneficiario: CLUB SINCRO FERROL
Obxecto: O obxecto da solicitude desta subvención é para axudar a sufragar os gastos das deportistas do Club que participaron nos Campionatos de España de Natación Artística 2018 nas categorías Alevín, Infantil e Junior.
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB TENIS DE MESA CIDADE DE NARON
Obxecto: Competición federada de ámbito nacional tenis mesa superdivisión
8.000,00 €
Beneficiario: CLUB TRIATLON FERROL
Obxecto: Participación do Equipo Feminino na Liga Nacional 1ª División de Triatlón, Campionatos de España e probas internacionais.
10.000,00 €
Beneficiario: CLUB TROULA FUTBOL-SALA
Obxecto: Participación en competicións federadas de fútbol sala xuvenil división de honra
5.000,00 €
Beneficiario: CLUB UNION DEPORTIVA PAIOSACO
Obxecto: Subvencionar equipos participantes en competición federada de ámbito nacional fútbol 3ª división durante o ano 2018
10.000,00 €
Beneficiario: CLUB UNION DEPORTIVA SOMOZAS
Obxecto: Fútbol 3ª división: financiamento de gastos de transporte e arbitraxe derivados da participación da UD Somozas na competición 3ª división de fútbol
10.000,00 €
Beneficiario: CLUB VALDETIRES
Obxecto: Gastos correntes de competición ano 2018
3.900,00 €
Beneficiario: CLUB VIAXES AMARELLE F.S.
Obxecto: Equipo federado participante en competición nacional fútbol sala-1ª división feminina
30.000,00€
Beneficiario: CLUB VICTORIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Obxecto: Fútbol Segunda División Nacional Feminina- gastos das competicións federadas tanto a nivel nacional
10.000,00€
Beneficiario: CLUB VOLEIBOL CABO DE CRUZ
Obxecto: Voleibol superliga 2- Participación en competición federada de ámbito nacional durante o ano 2018
7.000,00€
Beneficiario: CLUBE ATLETISMO RIA DE FERROL
Obxecto: Competir na división nacional de honra feminina,
10.000,00€
Beneficiario: CLUBE BALONMAN CAMARIÑAS
Obxecto: Modalidade deportiva: Balonmán // Categoría: 1ª Nacional Masculina.
10.000,00€
Beneficiario: CLUBE DE FUTBOL DUMBRIA
Obxecto: Voleibol: super liga 2
7.000,00€
Beneficiario: CLUBE DEPORTIVO FONTIÑAS
Obxecto: Patinaxe-programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2018
4.000,00€
Beneficiario: CLUBE NATACION ARZUA
Obxecto: Natación-adestramento e participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional e internacional durante o ano 2018
5.000,00€
Beneficiario: CLUBE VOLEIBOL OLEIROS
Obxecto: Subvencion para sufragar parte dos gastos da competicion de superliga masculina 2 de voleibol Clube Voleibol Oleiros
7.000,00€
Beneficiario: CLUBE XIMNASIA TEMPO
Obxecto: Gastos competición Ximnasia Artística
5.000,00€
Beneficiario: DEXTER TRIATLON COMPOSTELA
Obxecto: Participación do equipo na liga nacional de segunda división de Duatlon
7.000,00€
Beneficiario: DOBOK ESCUELA DE TAEKWONDO
Obxecto: Competición nacional e internacional de taekwondo modalidade combate absoluto ata cadete
5.000,00€
Beneficiario: ESCOLA XIMNASIA ACORDES
Obxecto: Ximnasia rítmica-competición nivel nacional
5.000,00€
Beneficiario: ESCOLAS BALONMAN XIRIA
Obxecto: Participación no campionato primeira división estatal masculina de balonmán
10.000,00€
Beneficiario: ESCUDERIA MRT
Obxecto: Participación campionato de rallyes de asfalto probas federadas nacionais e internacionais 2108
5.000,00€
Beneficiario: F.S.F. VILLA DE CEE
Obxecto: Competición federada 3ª nacional masculina f.s. sénior “f.s.f. femenino villa de cee” 2018
4.900,00€
Beneficiario: FUNDACION EDUCACION E DEPORTE SANTIAGO COMPOSTELA
Obxecto: Subvención deporte federado ámbito estatal
30.000,00€
Beneficiario: HOCKEY CLUB LICEO DE LA CORUÑA
Obxecto: Participación del Hockey Club Liceo en las competicións de carácter nacional 2018-Hockey OK Liga
150.000,00€
Beneficiario: JUDO CLUB CAMBRE
Obxecto: Participación na competición federada de Judo a nivel nacional
1.972,97€
Beneficiario: JUDO CLUB UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC)
Obxecto: Asistencia a competicións deportivas federadas dos deportistas e equipos do Judo Club UDC durante o ano 2018
5.000,00€
Beneficiario: O PARRULO FUTBOL SALA
Obxecto: Fútbol sala 1ª división-subvención para os equipos de o parrulo f.s que participan en competición de ámbito nacional durante o ano 2018
60.000,00€
Beneficiario: OBRA ATLETICO RECREATIVA DE LA CIUDAD VIEJA OAR CIUDAD 1952
Obxecto: Balonmán 1ª división: actividade deportiva federada de ambito nacional durante o ano 2018
10.000,00€
Beneficiario: OROSO TENIS DE MESA
Obxecto: Tenis de Mesa: competicións nacionais División de Honra Nacional Masculina
6.000,00€
Beneficiario: REAL CLUB NAUTICO DE LA CORUÑA
Obxecto: Desprazamento de regatistas a campionatos nacionais e internacionais
5.000,00€
Beneficiario: SANTIAGO DE COMPOSTELA, C.F.
Obxecto: Axuda para a participación do noso equipo de xuvenís na categoría nacional de división de honra.
10.000,00€
Beneficiario: SANTIAGO FUTSAL
Obxecto: Participación do Santiago Futsal na 2ª División da Liga Nacional de Fútbol Sala no ano 2018
30.000,00€
Beneficiario: SOCIEDAD CULTURAL Y DEPORTIVA RABADEIRA
Obxecto: Patinaxe de Velocidade
5.000,00€
Beneficiario: SOCIEDAD DEPORTIVA NEGREIRA
Obxecto: Fútbol 3ª división-participación en competicions oficiais federadas de ámbito nacional durante 2018
10.000,00€
Beneficiario: TRIATLON ARTEIXO
Obxecto: Subvencionar a participación do equipo en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano 2018
5.000,00€
Beneficiario: VICTORIA CLUB DE FUTBOL
Obxecto: Gastos equipo feminino Victoria CF de segunda división nacional
13.000,00€
Beneficiario: 5 CORUÑA FUTBOL SALA
Obxecto: Competición terceira nacional de Fútbol Sala.
5.000,00€

 

A %d blogueros les gusta esto: