coruna 11/08/2020

A Deputación da Coruña apoia con 900.000 euros aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional

by Victor Lamela

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a resolución definitiva da liña de axudas pola que a Deputación da Coruña destina 899.990,29 euros a apoiar aos clubs deportivos e deportistas da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional.

Beneficia a un total de 108 clubs coruñeses masculinos e femininos de todas as especialidades deportivas (fútbol, baloncesto, atletismo, balomán, rugby, natación, piragüismo, remo, ciclismo, voleibol, hockey, ximnasia, judo, taekwondo…) que participan en competicións deportivas do máis alto nivel. Outras 18 axudas foron denegadas por motivos como a desistencia na solicitude, duplicidade ou non ter presentada a documentación requirida.

As subvencións oscilan entre os 80.991,19 euros que percibe o Hockey Club Liceo da Coruña e os 72.900 do Club Universitario de Ferrol con maior número de socios, até os preto de 2.000 das entidades máis pequenas como o Club Patinaxe Artística Agora ou o Club Xadrez Rianxo.

A deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán, destacou a “importante contribución deste programa para apoiar aos principais equipos do deporte coruñés e situalos á vangarda do deporte galego e nacional”.

A %d blogueros les gusta esto: