coruna 20th noviembre 2018

A Deputación da Coruña apoia con seiscentos mil euros os investimentos de entidades de servizos sociais

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña achega 595.718,70€ para investimentos de entidades de servizos sociais. En total máis de sesenta asociacións benefícianse da liña promovida pola área de Servizos Sociais que dirixe Ánxela Franco.

Adquisición de mobiliario, adaptación de espazos, compra de materiais audiovisuais, ampliación de centros, investimentos en TICs, cubertas de pistas, acondicionamento de espazos ao ar libre, cambio de cubertas, renovación de xanelas, ampliación de obradoiros, materiais ofimáticos ou reparacion de baños son algúns dos proxectos das entidades de servizos sociais que reciben axuda da liña de investimentos da área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña.

En total, son case seiscentos mil euros dos que se benefician un total de 64 entidade, con axudas que alcanzan até 27.500 euros e que se distribúen en función de criterios obxectivos. “Para nós esta liña é fundamental á hora de contribuír ás mellores condicións das entidades que están a traballar no ámbito dos servizos sociais, que fan unha función fundamental para a mellor calidade de vida das persoas que máis o precisas e que teñen que contar co apoio das institucións”, sinala a deputada de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco que lembra tamén que a Deputación da Coruña vén de resolver unha liña de axudas polas que se dotou de novos vehículos adaptados a entidades sociais.

“As entidades de servizos sociais precisan do apoio institucional para facer investimentos necesarios para desenvolver o seu labor e nós queremos traballar man a man con elas para que conten que a Deputación da Coruña, na medida das nosas posibilidades, estamos para colaborar e mellorar a atención ás persoas que tanto o necesitan”, engade Ánxela Franco.

A %d blogueros les gusta esto: