coruna 13/08/2020

A Deputación da Coruña colabora coa Escola Espadela no empoderamento das mulleres do rural

by Victor Lamela

Coas historias de vida das mulleres do rural como centro, a esola EspadEla desenvolve un proxecto que inclúe obradoiros, espazo de reflexión e empoderamento e a publicación dun libro que ten como obxectivo a visibilización do seu traballo e o seu papel no desenvolvemento da comnidade. A área de Igualdade da Deputación da Coruña colabora a través dos premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade.

A deputada de Igualdade, María Muíño, participou nun dos obradoiros de presentación do libro, que desenvolve a escola de empoderamento para mulleres do medio rural, EspadELA,  e destacou a vontade do departamento de “contribuír ao empoderamento e á visibilización do papel fundamental que realizan as mulleres, infelizmente, non recoñecido no seu valor”. Neste sentido, lembrou que, ademais do proxecto da escola EspadEla, a área de Igualdade promove a iniciativa “O rural de todas” a través da que se realizan obradoiros e se elaborará un audiovisual coa participación de mulleres dos concellos de Toques, Aranga, Teo, Muxía e Ortigueira.

A escola EspadELA conta co apoio da área de igualdade da Deputación da Coruña, e no ano 2018, ao abeiro dos premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade convocados por este organismo, presentouse un proxecto de investigación – acción que rematou coa publicación dun libro onde se compilan seis historias de vida de mulleres que pasaron pola escola en edicións anteriores. Esta publicación pretende ser unha ferramenta para achegarnos ás mulleres do rural desde a súa propia realidade. Trátase de visibilizar as circunstancias vitais das mulleres que habitan o medio rural da provincia de A Coruña.

A publicación de EspadELA emprega a Historia de Vida como metodoloxía de investigación, partindo da realización de varias entrevistas en profundidade para achegarse a eixos temáticos como a visibilización das violencias machistas, poñendo o foco nas oportunidades e os problemas en relación á participación das mulleres na vida comunitaria, así como o papel que teñen as TIC´s na súa vida cotiá.

Ademais, desenvolvéronse diferentes obradoiros de presentación nas localidades de referencia das protagonistas do libro, todos eles na provincia da Coruña, coa intención de xerar espazos para a sensibilización e formación sobre a realidade das mulleres no medio rural coruñés. Para a organización destes espazos de encontró e reflexión, Arabías S.Coop.Galega conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego coa cesión de locais e o apoio da Secretaría das Mulleres. O obxectivo destas xornadas era xerar un marco para a devolución de resultados da investigación, como a creación dun espazo de reflexión e apoderamento persoal e social.

Ademais, a área de Igualdade da Deputación da Coruña promove tamén o proxecto audiovisual “O rural de todas” co obxectivo de contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres no rural. Os concellos de Toques, Aranga, Teo, Muxía e Ortigueira participan no proxecto.

O proxecto audiovisual “O rural de todas” nace co obxectivo de contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres no rural a través dun documental cos testemuños de varias mulleres de distintos perfís. Para participar no proxecto foron seleccionados cinco concellos, con diferentes criterios estatísticos como son Toques, Aranga, Teo, Muxía e Ortigueira.

A %d blogueros les gusta esto: