coruna 17th abril 2019

A Deputación da Coruña destina case sete millóns de euros aos servizos sociais dos concellos

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña destina este ano un total de 6.921.085,40 € ao financiamento dos Servizos Sociais dos concellos a través dunha liña de axudas da que se benefician todos os municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia.

As asignacións por municipios e as horas de servizo de asistencia no foga concedidas a cada un deles pubícanse hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o importante esforzo inversor que realiza a Deputación para axudar a manter “un servizo público esencial” como os servizos sociais e servizos de asistencia no fogar dos pequenos concellos coruñeses.

Neste sentido, destacou o gran traballo levado a cabo pola áea de Benestar Social e lembou que o Goberno provincial incrementou esta liña de 4 a 7 millóns de euros “para dar o mellor servizo e atender ás persoas que máis o necesitan”, permitindo á cidadanía “contar con servizos sociais profesionais e de calidade, independentemento do lugar onde vivan”.

“A convocatoria para os servizos sociais municipais é un dos piares da nosa área e fundamental para estar á beira da xente que máis o precisa”, destacou a deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco.

O BOP publica este martes 16 de abril a resolución da  liña de axudas aos servizos sociais municipais aos que, nesta nova convocatoria, a Deputación da Coruña destina un total de 6.921.085,40 €, un orzamento que se duplicou con respecto á pasada edición co fin de mellorar a calidade do servizo, ao incluír por primeira vez o financiamento de persoal administrativo adscrito e establecer un prezo de 12 euros/hora para a axuda social básica no fogar.

A convocatoria, dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes -83 na provincia- ten como obxectivo contribuír á “igualdade e á  mellora na calidade e eficiencia dos servizos que atenden ás persoas que máis o necesitan e contribúan a que os concellos de menor poboación podan ofrecer servizos sociais de calidade”. Coas melloras aprobadas o pasado ano, que incluía o financiamento de persoal administrativo, o persoal técnico municipal liberouse de tarefas que estaban a asumir co fin de dedicarse integramente a atender ás persoas que son beneficiarias dos servizos sociais municipais o que reverteu na súa mellora.

A deputada Ánxela Franco lembrou que desde a área de Servizos Sociais estanse a elaborar as conclusións do Plan de Accións de Servizos Sociais “Rede de Concellos para o Benestar” que vai ofrecer unha análise en profundidade da realidade social dos concellos da Coruña co fin de elaborar políticas eficientes que optimicen a xestión dos recursos. “Para realizar unha xestión óptima dos investimentos é preciso coñecer o estado dos servizos e os recursos e este estudo ofrecerá un completo mapa da situación que permitirá continuar coas melloras que xa estamos aplicando nunha área de especial interese para a mellora da vida das persoas”, sinala Ánxela Franco.

 

Achegas por concellos

Abegondo 133,377,25€

Aranga 84.804,04 €

Ares  98.560,00 €

Arzúa  66.430,48 €

A Baña 53.302,95 €

Bergondo  75.522,03 €

Betanzos 112.954,30 €

Boimorto  64.084,35 €

Boiro 127.697,80 €

Boqueixón    57.910,68 €

Brión  62.000,00 €

Cabana de Bergantños  70.516,42 €

Cabanas  104.800,00 €

Camariñas 75.516,04 €

A Capela 21.997,01 €

Cariño  119.552,00 €

Carnota  73.638,59 €

Carral 217.975,52 €

Cedeira 66.496,00 €

Cee   26.928,00 €

Cerceda116.323,15 €

Cerdido 36.468,00 €

Coirós  61.195,72 €

Corcubión  62.962,18 €

Coristanco 89.747,28 €

Curtis 55.962,71 €

Dodro  91.759,00 €

Dumbría 106.660,00 €

Fene  65.900,49 €

Fisterra  62.950,49 €

Irixoa 76.029,22 €

A Laracha  191.800,03 €

Laxe 63.294,11 €

Lousame 52.202,56 €

Malpica de Bergantiños  80.877,08 €

Mañón  76.800,00 €

Mazaricos 80.668,15 €

Melide 129.460,00 €

Mesía 100.021,69 €

Miño 104.718,00 €

Moeche 28.395,83 €

Monfero 36.400,00 €

Mugardos 84.412,40 €

Muros 68.968,02 €

Muxía 59.860,00 €

Neda 202.056,45 €

Negreira  98.870,23 €

Noia 93.141,58 €

Oroso  65.524,03 €

Ortigueira 85.305,15 €

Outes 100.000,00 €

Oza-Cesuras 113.576,32 €

Paderne 61.880,38 €

Padrón 119.528,00 €

O Pino 46.004,00 €

A Pobra do Caramiñal 75.859,11 €

Ponteceso 60.092,00 €

Pontedeume 194.459,10 €

As Pontes de García Rodríguez 152.503,33 €

Porto do Son 82.118,00 €

Rianxo  89.598,02 €

Sada 160.762,78 €

San Sadurniño 62.636,80 €

Santa Comba 88.323,58 €

Santiso 76.000,00 €

Sobrado dos Monxes 98.934,93 €

As Somozas  40.812,00 €

Teo 106.891,50 €

Toques 48.350,00 €

Tordoia 62.801,31 €

Touro 77.200,00 €

Trazo  66.517,00 €

Val do Dubra 51.690,55 €

Valdoviño 70.855,45 €

Vedra 98.600,58 €

Vilarmaior 58.257,78 €

Vilasantar  72.064,00 €

Vimianzo 75.542,49 €

Zas 68.238,54 €

Mancomunidade de Ordes (Concellos de Frades e Ordes)103.469,55 €

Pódese consultar a resolución completa no BOP deste martes día 16 de abril: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/04/16/2019_0000002990.html

A %d blogueros les gusta esto: