Uncategorised 01/07/2020

A Deputación da Coruña perfila a estratexia dixital da provincia en colaboración cos concellos

by Victor Lamela

Nun momento no que as tecnoloxías da información e a comunicación se demostran máis necesarias ca nunca, a Deputación da Coruña iniciou un proceso para definir do seu futuro dixital a través dunha serie de mesas de traballo nas que se pretende detectar as necesidades de concellos, empresas e cidadanía.

Na primeira das mesas participaron representantes dos concellos de Ribeira, As Pontes, Curtis e Dodro de debatéronse diferentes temas relacionados coa definición da estratexia.

Na reunión falouse dos principais problemas que, a nivel tecnolóxico, afectan aos concellos e a cidadanía, a valoración das actuacións e programas desenvolvidos pola Deputación ata a data actual ou cal debería ser o papel que xogue a Deputación neste ámbito nos próximos anos. Por outra banda, empezaron a definirse as prioridades e identificáronse iniciativas concretas para incluír na folla de ruta do Futuro Dixital da Deputación.

Con esta iniciativa, a Deputación pretende coñecer en detalle as necesidades dos organismos da provincia e á xente que se relaciona con eles, reforzando e facilitando a relación entre ambas e facendo que a provincia de A Coruña poida ser un referente en materia tecnolóxica nas institucións públicas.

A Deputación da Coruña atópase nun proceso de deseño e definición do seu futuro Dixital da provincia que ten como obxectivo promover e mellorar as tecnoloxías dentro da propia Deputación e facilitar o acceso ás Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) de todas as persoas, empresas e administracións locais da provincia, así como promover a dixitalización do sector mediante a creación de novos servizos e ferramentas baseados na tecnoloxía.

Esta folla de ruta no ámbito dixital na provincia está sendo deseñada a través dun proceso de participación amplo e con múltiples mecanismos e que engloba dende os representantes e persoal da propia deputación, axentes sociais, organismos públicos relacionados ata representantes dos concellos da provincia e a cidadanía.

Para iso, organizouse un proceso de participación con escoita activa no que se utilizaron distintas ferramentas como enquisas, entrevistas, mesas de traballo con diferentes axentes. Próximamente habilitarase unha web a través da cal a sociedade pode facer as súas aportacións, suxerencias ou queixas no ámbito dixital da provincia.

A %d blogueros les gusta esto: