coruna 09/11/2019

A Deputación destina 371.000 euros para apoiar e preto dun centenar clubs e entidades deportivas da provincia na mellora das súas infraestruturas e equipamentos

by Victor Lamela

A Deputación da Coruña destina este ano 370.986,98 euros para apoiar a 98 clubs e entidades de distintas disciplinas deportivas da provincia a mellora as súas infraestruturas e equipamentos.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión provisional desta liña de subvencións coas que a área de Deportes da institución provincial financia diversas obras de construción de novas infraestruturas,  mellora das existentes e dotación de equipamentos deportivos a preto dun centenar de clubes da provincia, con axudas que oscilan entre os 1.000 e os 17.500 euros.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia do programa “para atender as necesidades dun centenar de entidades deportivas da provincia da Coruña e dotalas dos medios adecuados para desenvolver a súa actividade, fundamental na promoción do deporte de base”, afirmou.

Con esta importante liña de subvencións, a Deputación colabora coas entidades en cuestión que van dende a adquisión de material de adestramento e competición até a compra de embarcacións e vehículos, pasando por obras de rehabilitación e reforma de instalacións deportivas.

A %d blogueros les gusta esto: