Uncategorised 15/02/2021

A Deputación e o Concello de Cambre destinan 342.735 euros a 172 autónomos e microempresas do municipio afectados pola crise da Covid-19

by Victor Lamela

O Concello de Cambre vén de publicar a concesión provisonal das axudas do programa PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia para apoiar aos autónomos e microempresas  máis afectadas pola crise da Covid-19.

Un total de 172 autónomos e pequenos negocios do municipio recibirán estas axudas, que oscilan entre os 1.500 e os 3.000 euros, e suman un importe total de 432.735 en Cambre. O 80% dos fondos son achegados pola Deputación da Coruña e o 20% restante polo municipio.

No conxunto da provincia, o PEL-Reactiva alcanza os 15,5 millóns de euros, 12,5 para os concellos de menos de 50.000 habitantes e 3 millóns para complementar os plans de rescate e reactivación económica das cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

Agora, tal e como se recollía nas bases reguladoras, cada beneficiario deberá xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo. Posteriormente a esta data procederase á resolución final e ao abono do importe da cantidade concedida. Por outra banda, ábrese un prazo de dez días hábiles presentar renuncias, ou alegacións á concesión provisional.

Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, subministración (auga, luz, electricidade, combustible…), adquisición de mamparas, arrendamentos de locais, vehículos, maquinaria…

A %d blogueros les gusta esto: