Home » coruna » Currently Reading:

A Deputación forma a 57 concellos da provincia na aplicación das actualizacións lexislativas en materia de Recursos Humanos

septiembre 15, 2018 coruna No Comments

No marco do proxecto para a implantación da aplicación de xestión de recursos humanos GINPIX 7 nos concellos da provincia da Coruña, a Deputación organiza a próxima semana unhas xornadas de formación destinadas ao persoal técnico da área de Recursos Humanos dos municipios coruñeses.

Ditas xornadas están dirixidas principalmente aos responsables da xestión de persoal e usuarios da devandita ferramenta e o seu principal obxectivo é prestarlles a asistencia e soporte necesarios para realizar os procesos e actuacións necesarios para o cálculo e abono dos atrasos dos salarios e demais complementos retributivos derivados da aprobación da  Lei 6/2018 de 3 de Xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018) : o incremento do 1,5% respecto das vixentes a 31/12/2017 en cumprimento do marco plurianual de incremento salarial para os empregados públicos para o tres próximos anos negociado entre o Goberno e a representación sindical, e o incremento adicional do 0,25% como consecuencia do Acordo do Consello de Ministros de 13/07/2018 adoptado en base á certificación do  incremento do PIB do 3,1% a prezos constantes en 2017 que se contemplaba no propio artigo.

As xornadas de formación impartiranse desde o  luns 17 ao venres 21 de setembro, en horario de 9:30  a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas, na aula de formación do Colexio Calvo Sotelo  da Coruña e asistirán 57 concellos e da Provincia, xestionándose xa noutros 12 as actualizacións retributivas e atrasos correspondentes no programa coa colaboración e axuda do persoal adscrito ao Servizo de Asistencia

O obxectivo destas xornadas céntranse en posibilitar que os concellos asistentes consigan impulsar e dar axilidade ao cumprimento das previsións legais na materia contempladas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:

A %d blogueros les gusta esto: