Fotografía 6th diciembre 2018

A exposición ‘Home e biosfera’ nos xardíns de Méndez Núñez

by Victor Lamela

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurou nos xardíns de Méndez Núñez a exposición ‘Home e biosfera’, unha iniciativa que pretende sensibilizar á veciñanza sobre o coidado da contorna natural a través de experiencias nas que conviven, en harmonía, a conservación da diversidade ecolóxica e cultural co desenvolvemento económico e social.

A mostra, que se poderá visitar até o 27 de xaneiro, está protagonizada por 55 fotografías de gran formato que presentan outras tantas Reservas da Biosfera da UNESCO. Axuntamos fotografías do acto inaugural.

A %d blogueros les gusta esto: