coruna 15/10/2015

A fonte de Catro Camiños se tinguirá de verde mañá en apoio da declaración do Monte Pindo como Parque Natural

by Victor Lamela

O Concello iluminará de verde a fonte de Catro Camiños na noite de mañá venres como xesto en favor da conservación do medio natural e da biodiversidade e en apoio da declaración do Monte Pindo como Parque Natural, por ser un patrimonio insubstituíble. A proposta, que está promovida pola asociación Monte Pindo Parque Natural, conta co apoio da Coruña e doutras cidades como Santiago, Ferrol ou Carballo, e pretende conmemorar os cinco anos de traballo da entidade a prol da protección de valores naturais tan singulares como os do Monte Pindo. Así, o Concello felicita a iniciativa cidadá, que atopa o seu eco na Coruña, a través da liña de traballo aberta pola Concellería de Medio Ambiente para recuperar o medio natural da cidade, protexer os valores máis singulares existentes na actualidade e emprender un manexo ecolóxico das zonas verdes.

A %d blogueros les gusta esto: