coruna 28/06/2020

A Fundación Luis Seoane acolle a terceira edición do festival Resis, de música contemporánea e artes relacionadas

by Victor Lamela

A terceira edición do festival Resis, de música contemporánea e artes relacionadas, comezará a semana que vén baixo o título de “Algoritmos sonoros” e cun concerto inaugural o 1 de xullo, ás 20.30 horas, protagonizado por Marc Vilanova, na Fundación Luis Seoane. O evento, que tivo que se suspender en abril por mor do estado de alarma, incluirá un total de catro concertos e unha instalación sonora. O artista, que traballa co son e a luz, creará en directo “Aresta”, unha peza que se poderá ver desde ese día. O programacontinuará o 4 de xullo co directo do percusionista Noè Rodrigo, que ofrecerá os temas de “Il legno e la parola”. Vertixe Sonora estarán o 18 de xullo con “Sofferte…Lontano” e a pianista Magdalena Cerezo pechará o ciclo o día 31 con “Gran Torso”.

A actriz e mestra de teatro coruñesa Chus Álvarez presentará os distintos eventos para os que a capacidade se ditaminará en función das normas actuais, polo que as prazas estarán limitadas co fin de garantir a seguridade do público. Por esta razón, a organización de Resis 2020, encabezada polo seu director artístico, o compositor coruñés Hugo Gómez-Chao Porta, decidiu compaxinar este ano a música en directo coa posibilidade de seguir os concertos mediante streaming. As persoas interesadas en asistir de forma física deberán retirar previamente a súa entrada na sede da propia fundación.

A %d blogueros les gusta esto: