coruna 06/08/2020

A ‘Historia gráfica do Noroeste’ Estrella Galicia recorre A Coruña

by Victor Lamela

Historia gráfica do Noroeste é un proxecto expositivo que recrea imaxes do xa consolidado Noroeste Estrella Galicia en nove estructuras independentes repartidas pola cidade da Coruña.  

Na mostra preséntanse máis de medio cento de fotografías correspondentes a 22 ediciones do Festival Noroeste Estrella Galicia. A Praia de Riazor, a Praza de Lugo, a Avenida da Marina, o Campo da Leña ou a fonte dos surfistas, son, entre outros, os espazos que acollerán esas imaxes a gran tamaño que rememoran instantes inesquecibles dun festival que forma parte da historia viva da cidade.

Preténdese, por unha banda, poñer ao alcance do público o ámbito de traballo de Nonito Pereira, este crítico que bautizou o certame e quen lle deu o espírito que aínda hoxe mantén, e por outro, recuperar emocións. O Festival Noroeste Estrella Galicia reformulouse nesta 34 edición como unha volta ás súas raíces máis vencelladas á música local e galega, pero pola cita teñen pasado tamén grandes nomes internacionais. Ambos conviven nesta exposición na que terán sitio desde a mítica banda coruñesa Cacahüé ata Patti Smith.

Nonito Pereira Rey, fillo de Nonito Pereira Revuelta, xunto a Rubén Ventureira comisario desta exposición, destacou “O que queremos facer vén sendo algo máis que unha exposición, porque certo é que podemos ollar todas as diferentes etapas do festival pero tamén é certo que ten un significado maior, é un aplauso para os artistas e os técnicos que nestes tempos complicados necesitan o noso apoio, pero tamén é un exercicio de memoria colectiva da cidadanía coruñesa”, namentres que David Carballal, o deseñador gráfico sinalou “O mérito gráfico son as fotografías que recompilaron Nonito e Rubén, e o meu traballo foi adaptarme á imaxe gráfica do Noroeste”.

Pola súa parte Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Festas e Turismo do Concello da Coruña, apuntou: “Lembranzas do Noroeste temos todos, e poder disfrutar agora con esa perspectiva da historia do Noroeste pode servirnos como punto de partida para seguir avanzando, como neste caso, adaptamos o festival case o que eran os comezos do festival”. 

Eses nove obxectos orixinais recrean fielmente desde aquela primeira edición ata a actual, a nómina de artistas tan ampla como ecléctica que pasaron pola cidade: desde The Cure ata Rosalía; desde Destellos de Pasión, a Patti Smith. As súas dimensións cambiaron: desde un único recinto e unha única xornada ata os seis días de festival e os trece escenarios diferentes da edición do 2019. Tamén mudou o seu nome: desde 2016 é Festival Noroeste Estrella Galicia.

Asociación Musical Nonito Pereira promove esta proposta expositiva de carácter gráfico que patrocina Estrella Galicia e organiza o Concello da Coruña. Agradecementos: Xose Castro, Victor Echave, Manuel Ferreiro, Sandra G. Rey, Carmen Merelas, Xose Manuel Pereiro, Andy Pérez, Pedro Puig, Chema Rios, Pablo Rivas, Quintana, El Ideal Gallego, La Opinión de A Coruña, Mondo Sonoro

A %d blogueros les gusta esto: