Trafico 09/23/2019

A Liña 24 do bus urbano dará servizo á Zapateira desde o luns con novas frecuencias

by Victor Lamela

A liña do bus urbano 24 chegará a partir do luns a toda A Zapateira, tal e como anunciou hai uns días o concelleiro de Urbanismo e Mobilidad, Juan Díaz Villoslada. Deste xeito, dáse resposta a unha vella demanda veciñal e un paso máis nas melloras da mobilidade entre A Coruña e os municipios da área metropolitana.

A compañía de Tranvías da Coruña sinala que a prolongación da liña obriga a facer unha reorganización na ruta entre a Praza de Pontevedra e Vallesur, polo que haberá cambios nos horarios. O novo itinerario de Tranvías inclúe seis frecuencias diarias a Montegolf, Vallesur e as Oliveiras nos días laborables, mentres que os sábados serán tres e os domingos e festivos só dous.

O percorrido de bus aprobado é desde a actual parada do Carón ata as paradas en urbanización as Oliveiras pola travesía da Xesteira. O regreso é pola mesma travesía para tomar a travesía da Cornixa ata as portas da urbanización Montegolf, onde se daría a volta cara á parada de O Carón, e de novo retomar o percorrido habitual da liña.

As expedicións son as seguintes:

Saídas desde Praza de Pontevedra a Vallesur

Laborables: 07:05; 08:00; 14:00; 15:00; 20:30; 22:25, estás duás últimas na liña 24A Sábados: 10:00; 14:00; 22:00

Festivos: 14:00; 22:45

Saídas desde Vallesur a Praza de Pontevedra

Laborables: 07:25; 08:25; 14:25; 15:25; 20:55; 22:50; as dúas últimas na liña 24 Sábados: 10:25; 14:25; 22:25
Festivos: 14:25; 23:10

Máis información da ruta na aplicación móvil da compañía.

page2image1793312

A %d blogueros les gusta esto: