coruna 31/05/2020

A Marea Atlántica, Barcelona en Comú, Ganemos Jeréz y Córdoba en Común organizan un debate sobre a Renda Social Municipal

by Victor Lamela

A Marea Atlántica organiza, xunto coas plataformas municipalistas Barcelona en Comú, Córdoba en Común e Ganemos Jerez un debate a distancia titulado ​“Renta Social Municipal ¿Es posible?”​. Terá lugar o martes, 2 de xuño, a partir das 18:30 h e emitirase nas páxinas de Facebook das catro organizacións.

Despois de que este venres fose aprobado o Ingreso Mínimo Vital no Consello de Ministros, desde o muncipalismo ábrese un debate sobre a necesidade de rendas cidadás como a que xa existe na Coruña, e que lle tendeu a man a centos de persoas desde a súa aprobación en 2016 para ter unha vida digna. O debate non é novo, pero cobra unha maior intensidade a raíz da pandemia de COVID-19.

No acto participará Silvia Cameán, concelleira da Marea Atlántica e principal responsable da aprobación da Renda Social Municipal no pasado mandato. Tamén Laila Ortíz, de Barcelona en Comú, que estivo á fronte da proba piloto de renda cidadá no eixo do Besòs, ​“B-Mincome”​, como Tenente de Alcaldía de Dereitos Sociais de 2015 a 2019.

Tamén se coñecerá a proposta da Plataforma por la Renta Social Municipal en Córdoba, constituída por más de 40 colectivos, que lograron levar o seu modelo ao Pleno do Concello; e o acordo de Ganemos Jerez co goberno municipal para realizar un estudo de viabilidade desta medida.

page2image1639216

“​Renta Social Municipal ¿Es posible?”

Día e hora: ​Martes, 2 de xuño, 18.30 horas
Organizan​: Córdoba en Común, Ganemos Jerez, Marea Atlántica e Barcelona en Comú
Plataforma​: Facebook.
Moderador:​ Miguel Ángel Cuevas (Ganemos Jerez)

Interveñen​:

  • ●  Rafael Juan, ​Activista cordobés (Colectivo Prometeo,

    Marea Básica)

  • ●  Silvia Cameán, ​Concelleira da Marea Atlántica (A Coruña)
  • ●  José Manuel Gómez, ​Plataforma pola Renda Social

    Municipal de Córdoba

  • ●  Kika González, ​Concelleira de Ganemos Jerez
  • ●  Laia Ortíz, ​Ex tenente de Alcaldía de Dereitos Sociais do

    Ajuntament de Barcelona.

A %d blogueros les gusta esto: