coruna 08/04/2021

A Marea Atlántica leva a Pleno unha moción para pedir que se publique o borrador do novo contrato de parques e xardíns

by Victor Lamela

O grupo municipal da Marea Atlántica defenderá hoxe, no Pleno do Concello da Coruña, unha moción para reclamarlle a Inés Rey que se publique o borrador dos pregos do novo contrato de mantemento e conservación de parques e xardíns, para recoller achegas profesionais e veciñais antes de comezar a súa licitación. A nosa voceira, María García, lembra que “o contrato actual caduca en xuño, e o goberno asegura que está a traballar no novo, pero a información dispoñible é moi escasa. Teñen que facelo público e atender ás propostas para melloralo”. Text Box: NOTA DE PRENSA 7 de abril de 2021 A Coruña

A nosa proposta, que buscará o apoio da maioría da Corporación, tamén reclama que se incorporen ao servizo criterios que fomenten o uso público e  a función ecolóxica, así como cláusulas sociais que garantan condicións laborais dignas para a plantilla, en lugar de atender só á oferta máis barata que se presente.

Do mesmo xeito, pedímoslle á alcaldesa que dialogue coa plantilla do servizo de mantemento de parques e xardíns, para escoitar as súas propostas sobre o reparto de traballo en lotes. O que reclaman é de sentido común, organizarse por tarefas e non por zonas para non duplicar recursos e maquinaria. Isto tamén facilitaría que pequenas e medianas empresas se presentasen ao concurso.

Finalmente, esixímos a execución do 100% dos fondos dispoñibles na bolsa de traballos de medición e mellora das anualidades 2019 e 2020. Son 6,6 millóns de euros que o goberno local non sabe explicar se gastou ou non, nunha intolerable perda de recursos públicos.

Zonas verdes: calidade de vida e resistencia á crise climática

Tal e como sinala a nosa proposta, “as zonas verdes son un recurso de primeira orde para o benestar da poboación urbana (…) Os parques e xardíns fan barrios máis habitables, melloran a paisaxe, proporcionan espazos dee lecer e de encontro e facilitan o contacto coa natureza”.

As áreas verces son tamén importantes desde unha perspectiva ecolóxica, e recomendadas dentro do pacto verde europeo. A vexetación urbana e os espazos naturais fixan CO2, moderan as temperaturas, reducen a contaminación atmosférica e a percepción de ruido, incrementan a biodiversidade e axudan a regular o ciclo da auga. Son cruciais na loita contra a crise climática. Por iso sorprende a pouca atención que lles dedica este goberno.

A %d blogueros les gusta esto: