coruna 03/08/2020

A Marea Atlántica pide a retirada dos cargos contra os representantes sindicais da fábrica de aluminios da Coruña

by Victor Lamela

A Marea Atlántica pídelle á Fiscalía que retire os cargos contra o presidente do Comité de Empresa de Alu Ibérica, Juan Carlos Corbacho, e outro representante sindical, contra quen pide ata 15 anos de prisión por unha protesta ante o Congreso en defensa dos 400 postos de traballo da fábrica de aluminios da Coruña. Consideramos que é unha pena desproporcionada, e que criminaliza a protesta social e a loita polos dereitos laborais.

Solicitamos, ademais, que o Concello da Coruña e o goberno municipal realicen un pronunciamento en apoio dos dous traballadores imputados e de toda a plantilla da fábrica de Alu Ibérica, a antiga Alcoa. Un ano despois da venda das instalacións de Agrela, co aval do goberno do Estado, o futuro da factoría de aluminios volve estar en xogo, en non se cumpriron ningunha das promesas realizadas. O estatuto da industria electrointensiva, prometido xa en varias campañas electorais, leva nun caixón desde hai meses. Tamén lle pedimos á Xunta de Galicia que deixe de mirar para outro lado e exerza as súas competencias para preservar o emprego.

Esiximos, ademais, que se investigue a venda da fábrica de aluminios da Coruña ao grupo Riesgo, realizada de xeito opaco e irregular pola empresa Parter, en contra do acordado con Alcoa e o Goberno do Estado. Estamos a falar dunhas instalacións competitivas e de referencia na fabricación de aluminio, que teñen un futuro, e que están a ser devoradas pola cobiza de varias grandes empresas.

A %d blogueros les gusta esto: