coruna 06/01/2021

A Marea Atlántica preguntará no vindeiro pleno sobre a ausencia da alcaldesa na defensa do emprego en Alcoa

by Victor Lamela

O grupo municipal da Marea Atlántica rexistrou esta maña tres preguntas de resposta oral para o vindeiro pleno do 14 de xaneiro coas que pretende esclarecer por que a alcaldesa Inés Rey está completamente desaparecida na defensa do colectivo dos traballadores e as traballadoras de Alcoa, cales son os plans a curto prazo para garantir o dereito á vivenda na cidade e esixir explicacións sobre o retroceso democrático no Concello da Coruña, que afecta á Corporación e tamén á cidadanía.

A pesar de que a Marea Atlántica pediu en reiteradas ocasións un posicionamento firme ao lado dos traballadores e as traballadoras do aluminio e mesmo a adopción dunha posición mediadora, queremos saber porque Inés Rey continúa desaparecida mesmo estes días, co colectivo en folga, padecendo o acoso dos representantes da compañía e na máis absoluta incerteza, abandonado polo Goberno central.

Tamén preguntaremos no primeiro pleno do ano cales son os plans, máis alá de alentar operacións especulativas como a de Percebeiras, que ten o goberno local para garantir o dereito á vivenda na cidade, lembrando as propostas concretas que presentamos ​na nosa moción do pasado mes de decembro​, como a de procurar o acordo cos grupos da oposición e crear un Plan Municipal polo Dereito á Vivenda ou revitalizar e ampliar as capacidades da Oficina Municipal de Vivenda.

Por último preguntaremos sobre o retroceso democrático ao que estamos a asistir no Concello da Coruña, cando por exemplo, a resistencia a facilitar información á oposición ou a negativa a aceptar a críticas nas redes sociais do Concello convértense en elementos cotiás.

A %d blogueros les gusta esto: