coruna 13/01/2021

A Marea Atlántica reclama a activación urxente da mesa de diálogo coa hostalería e o comercio para facerlle fronte ás novas restricións

by Victor Lamela

O grupo municipal da Marea Atlantica mantivo un encontro con representantes da plataforma Shostalería, para apoiar as súas reivindicacións, e defender a necesidade de apoiar ao sector para conter o impacto das novas restricións sanitarias. Instamos ao goberno local, unha vez máis, a activar a Mesa de Diálogo coa hostalería e o comercio, incluída no acordo que asinamos ​o dez de decembro​, e estudar nelas novas medidas de rescate.

A Xunta, que abriu a man das restricións en Nadal, volve pechala con forza estes días, con medidas que afectan especialmente ao sector hostaleiro. “Pídeselle á cidadanía un novo esforzo mentres o goberno galego evita toda responsabilidade. Feijóo non pode esquecer que cada medida restritiva ten que levar unha compensación equivalente”, asegura a nosa voceira municipal, María García”.

O sector hostaleiro xa non atura máis promesas. Na Coruña, as axudas do Presco acumulan seis meses de demora. E quedaron sen gastar 400.000 euros do fracasado Bono Hostalería sen buscar a forma de facerllos chegar aos negocios. Por iso pedímoslle ao goberno que escoite dunha vez na Mesa de Diálogo.

Medidas acordadas antes do 31 de xaneiro

Tamén comeza a ser urxente poñer en marcha as bonificacións fiscais prometidas antes do 31 de xaneiro. Non pode ocorrer como cando o Concello anunciou que perdoaría as taxas do lixo polo tempo de peche forzoso e ao día seguinte cursou 2.000 recibos. Agardamos a inmediata posta en marcha dedas seguintes medidas.

  • ●  Bonificación do 50% nas taxas da auga, recollida de lixo e saneamento para pemes, micropemes e autónomos da hostalería, o comercio e a cultura ​mentres existan restricións pola pandemia. Son os tres sectores máis afectados pola crise e hai tempo que precisan axuda. É unha bonificación progresiva, destinada aos pequenos negocios, non ás grandes empresas.
  • ●  Esta bonificación aumentará ao 100% cando os negocios se vexan obrigados a pechar por motivos sanitarios. ​Para cada restrición, unha compensación. Non se lles pode esixir pago por servizos que non están a empregar.
A %d blogueros les gusta esto: