Uncategorised 28/05/2020

A Marea Atlántica volve instar ao goberno municipal a acelerar as negociacións do Plan de Choque Social contra a crise do COVID-19 e tramitalo canto antes

by Victor Lamela

O grupo da Marea Atlántica volve instar unha vez máis ao goberno municipal a acelerar as negociacións e tramitar canto antes un Plan de Choque Social co que protexer a veciñanza dos efectos económicos e sociais da pandemia do COVID-19. “Van 73 días desde a declaración do estado de alarma e o equipo de Inés Rey segue sen trasladar toda a información para pechar un modificativo que recolla as achegas da oposición. Hai semanas que era urxente aprobalo, e a Marea Atlántica fixo máis de cen propostas”, explicou Iago Martínez, vicevoceiro da Marea Atlántica e integrante da Comisión de Facenda do Concello da Coruña.

Na xuntanza da Comisión de Facenda celebrada hoxe para estudar o necesario modificativo de crédito orzamentario, o executivo local volveu deixar varias cuestións sen responder. Martínez lembrou que “a Marea Atlántica ten vontade de chegar a acordos para impulsar as medidas que precisa a veciñanza, reforzar os servizos sociais e tenderlle a man aos sectores económicos máis afectados, comezando por pemes e autónomos, pero non é posible asinar un cheque en branco”.

Unha vez máis, trasladamos as nosas propostas

Neste sentido, Iago Martínez volveu poñer sobre a mesa a batería de propostas da Marea Atlántica, ​reiteradas ​en varias ocasión salientando especialmente as seguintes:

Reforzo de todas as medidas de ​protección social,​ comezando pola Renda Social Municipal, para axudar ás familias que perderon ingresos durante o confinamento e están en risco de exclusión.

Aposta pola ​conciliación​: ​reforzo do servizo de canguraxe, da axuda a domicilio para persoas maiores e reactivación do programa de patios abertos, poñéndoos a disposición da rapazada.

Incentivos ao mantemento do ​emprego ​e a contratación de persoas desempregadas en pequenas e medianas empresas locais. Ten que formar parte dun ​Plan de Emprego de Choque​, con perspectiva social, igualitaria e ambiciosa.

Banco de locais en alugueiro​, para fomentar a creación e reactivación de negocios. Igual que a creación dun ​bono que estimule o consumo no comercio de proximidade e a hostalaría.

Protección do Dereito á Vivenda​, garantindo unha solución duradeira para as persoas que estaban no albergue de Riazor, e preparando medidas para os desafiuzamentos que se producirán cando remate o estado de alarma: unha bolsa de alugueiro social, e o reforzo dos convenios con ​Housing First​ ou Provivenda son urxentes.

Aumento do persoal​, p​ ara acelerar a tramitación de todas as novas medidas e das que xa existían antes do confinamento. Nestas circunstancias, é dramático que unha axuda quede sen dar porque non haxa mans para tramitala.

Reducir o gasto superfluo e manter as áreas sensibles

Doutra banda, Iago Martínez fixo un chamamento a “reducir o gasto superfluo e improdutivo”, pero respectar os fondos en áreas sensibles, como a da ​Cultura —moi afectada pola crise— e a de Normalización Lingüística, que o goberno municipal sinalou na súa proposta de recortes.

De igual xeito, instamos ao executivo local a renunciar ao ​convenio con Tragsa que duplica innecesariamente o contrato de limpeza —malgastando 600.000 euros— e a redistribuír o ​gasto en publicidade e propaganda​, que acaba de duplicar con respecto ao mandato de Xulio Ferreiro —chegando ao millón de euros—. Os anuncios non poden ir por diante das medias.

A %d blogueros les gusta esto: