Conciertos 06/27/2019

A Orquestra Sinfónica de Galicia presenta a súa tempada de abono 2019-20

by Victor Lamela

​A Orquestra Sinfónica de Galicia presenta a súa tempada de abono na Coruña con 36 concertos nos que debutan grandes referencias internacionais da dirección como Fedoseyev ou Sinaisky e repiten Andrew Litton, Josep Pons, Rumon Gamba, Richard Egarr ou Michal Nesterowicz, entre outros moitos.

A música francesa de Ravel, Debussy ou Saint- Saëns e o final do ciclo adicado a Shostakóvich comparten protagonismo co gran repertorio centroeuropeo de Bach, Haydn, Mozart, Mendelssohn, Brahms e Schumann.

Os compositores galegos terán unha importante presenza na programación coa celebración do Año Gaos e os noventa anos de Rogelio Groba xunto coa música de Juan Durán e a de Hugo Gómez Chao e Fernando Buide como representantes das novas xeracións.

A tempada ofrecerá un total de 36 concertos de abono (25 en Abono Venres e 11 en Abono Sábado) nos que debutarán grandes figuras da dirección orquestral como Vladimir Fedoseyev e Vassili Sinaisky xunto á prometedora figura de Kerem Hasan e á beira dos xa habituais Andrew Litton, Josep Pons, Rumon Gamba, Richard Egarr ou Michal Nesterowicz nunha programación claramente orientada ao repertorio francés de Ravel, Debussy e Camille Saint- Saëns xunto ao gran repertorio centroeuropeo de Bach, Haydn, Mozart, Mendelssohn, Brahms e Schumann. A nova tempada servirá, ademais, para culminar o ciclo Shostakóvich iniciada a anterior.

Para atender o repertorio barroco e clásico contarase coas batutas historicistas de Masaaki Suzuki, no seu debut coa Orquestra Sinfónica, e as xa habituais de Richard Egarr e Carlos Mena. Tamén regresan ao primeiro atril da agrupación orquestral as batutas de Otto Tausk, Michal Nesterowicz, Pablo González, Andrey Boreyko, Clemens Schuldt e Michael Sanderling ademais dos xa mencionados Pons, Egarr ou Gamba.

Nesta nova tempada a Orquestra Sinfónica presenta a figura do director asociado, cargo que ocupará José Trigueros, principal de percusión da orquestra e gañador na primeira edición da ​masterclass de dirección orquestral con Dima Slobodeniouk —e que ofrecerá dous programas— e anúnciase a presenza de Víctor Pablo Pérez, director honorario do conxunto tamén dous concertos, o primeiro deles dedicado á celebración do Ano Gaos e os noventa anos de Rogelio Groba e que se completará coa música de Juan Durán.

A creación contemporánea galega tamén contará con espazo na programación da Orquestra Sinfónica con obras de Fernando Buide e Hugo Gómez Chao, coa estreade​Ícaro,​ obraencargodaFundaciónSGAEeaAEOSeinterpretarase​Tres pinturas velazqueñas​, de Jesús Torres, obra gañadora do VII Premio de Composición AEOS–BBVA. Ademais, a Orquestra Sinfónica estrea en España obras de Kalevi Aho e o ​Concerto para oboe de Christopher Rouse, para o que se contará como solista co oboe principal da OSG, Casey Hill, e ofrece tamén a estrea europea do ​Concerto para trompeta de Arturo Sandoval co trompetista Pacho Flores como solista.

Entre os solistas —entre os que ademais de Casey Hill figuran tamén a frautista María José Ortuño e o fagotista Steve Harriswangler, tamén primeiros atrís na Orquestra Sinfónica— a agrupación orquestral volve contar cunha longa nómina de solistas de primeira fila internacional e xa habituais na programación como Viktoria Mullova, Isabelle Faust, Johannes Moser, Javier Perianes, Varvara, Asier Polo, Marianna Prjevalskaia ou Rafal Beckacz xunto cos debut do surcoreano Seong- Jin Cho, un dos grandes pianistas do momento tras gañar en 2015 o Concurso Chopin de Varsovia, o dos irmáns Lucas & Arthur Jussen, no ​Concerto para dous pianos de Poulenc e o do chelista Edgar Moreau co ​Concerto para violoncelo ​de Dvorák.

O Coro da Orquestra Sinfónica que dirixe Joan Company tamén terá presenza na programación con tres importantes e esixentes obras sinfónico-corais, coa interpretación da Sinfonía dos salmos de Stravinski, o ​Magnificat de Bach eRosamunda d​ e Schubert.

Ademais da xa habitual presenza da Real Filharmonía de Galicia cun concerto, a tempada da Orquestra Sinfónica inclúe por primeira vez e como orquestra convidada á Sinfónica de Castela e León, que baixo a dirección de Andrew Gourlay interpretará a ​Sinfonía no 6​ de Gustav Mahler.

Ademais da tempada de abono, a Orquestra Sinfónica mantén en 2019/20 a súa presenza en Galicia con concertos en Santiago, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra e Ourense en colaboración coas Sociedades Filarmónicas de Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vigo ademais da Sociedade Filarmónica da Coruña, coa que colabora no seu ciclo de música de cámara no Teatro Rosalía.

A Orquestra Sinfónica, ademais, estará en Madrid cun concerto con Isabelle Faust e baixo a dirección de Dima Slobodeniouk nunha colaboración co Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) e a Fundación Excelentia e traerá por primeira vez a Coruña á Compañía Nacional de Danza (CND) en coprodución con Que Arte e que servirá para presentar ​Carmen d​ e Bizet no Pazo da Ópera da Coruña.

Os proxectos educativos e de integración na diversidade

SonFuturo,​ proxectoeducativodaOrquestraSinfónica,contacon170membros entre 16 e 23 anos na Orquestra Nova, 107 entre 8 e 16 anos na Orquestra de Nenos, 36 entre 9 e 16 anos nos Nenos Cantores e 31 no Coro Novo de entre 15 e 22 anos. Ademais, na pasada tempada participaron nos concertos didácticos un total de 24.991 asistentes entre Primaria, Secundaria e Bacharelato nun ciclo no que participaron un total de 109 centros, 60 deles do Concello da Coruña e o resto de distintos lugares de Galicia.

AbancaReSuena,​ oproxectodeintegraciónsocialdesdeadiversidade,contana actualidade un total de 287 participantes: 190 na Sinfónica infantil, 43 no Coro, 40 en MiniReSuena e 14 no Coro de Mans Brancas.

Espectadores na sala e no resto do mundo

A Orquestra Sinfónica afronta a súa nova tempada de abono cun aumento na asistencia aos seus concertos na Coruña de 43.574 persoas no ciclo 2018/19, un 3% máis con respecto á tempada 2017/18.

Pola súa banda, a canle Youtube da Orquestra Sinfónica pecha a tempada con máis de 47.000 subscritores, duplicando as cifras do mesmo período do ano anterior, cun total de 7.815.228 visitas.

Sheherezade de Rimski-Kórsakov e baixo a dirección de Leif Segerstam é o vídeo estrela da canle Youtube da Orquestra Sinfónica con máis de dous millóns de visualizacións. Ademais, na canle visualizáronse máis de 112 millóns de minutos de vídeo, principalmente desde Estados Unidos, México e España, seguidos de Italia, Arxentina, Xapón, Corea do Sur, Brasil, Chile, Alemaña, Colombia e Reino Unido.

page4image3709536

A %d blogueros les gusta esto: