Exposición 11/24/2016

A Plataforma14 do Fórum inaugura hoxe a exposición ‘Inconscientemente’, que dá a coñecer o traballo de artistas emerxentes

by Victor Lamela

O espazo de exposicións Plataforma14, que se atopa no Fórum Metropolitano e que está coordinado polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), inaugura hoxe, xoves, desde as 18.00 ata as 21.00 horas, a mostra Inconscientemente, que organiza a asociación Sen Ánimo de Lucro e forma parte do proxecto 1+1 Play Coruña, que ten como obxectivo visibilizar a obra de artistas emerxentes, como son neste caso, Julia Aguiar, Iria Prol, Cristina Chiarroni, Marita Carmona, Tommaso Freda e Carolina Russo. Nela, as e os artistas traballan o tema do subconsciente, a ponte interior entre a luz e as súas escuridades, as sombras e a profundidade do ser humano. Durante o acto de inauguración levaranse a cabo dúas perfomances de danza a cargo dos artistas coruñeses Marta Cuba e Marcos Sánchez, que están a traballar sobre o inconsciente e o aspecto psicoanalista do baile. A exposición poderase visitar ata o 5 de xaneiro do 2017 na sala Plataforma14 , en horario continuado de 09.00 a 21.00 horas de luns a venres, e de 09.00 a 14.00 horas, e de 17.00 a 21.00 horas, os sábados.

Toda a información sobre este espazo expositivo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14 .

A %d blogueros les gusta esto: