Sucesos 08/17/2019

A Policía Local denuncia tres locais da zona da Cormelá durante un dispositivo especial

by Victor Lamela

A Policía Local tramitou ata sete denuncias durante o dispositivo especial pola Batalla Naval o mércores á noite, cando se cortou o tráfico no Paseo Marítimo. Na zona da praza da Cormelá, Pastoriza, praza José Sellier e rúa Vista estendeulles catro actas a tres locais da zona que deixaban saír a clientela fóra coa consumición na man e a un deles tamén por ter música. Na rúa Vista e en Santo André, denunciou dúas persoas por ouriñaren na vía pública e na avenida da Mariña cubriulle unha acta a unha terraza por se exceder no horario.

En Santo André, abriu un expediente máis por incumprir as normas de tráfico e na rúa Voluntariado fixo un informe sobre a discusión dunha parella. O servizo extraordinario colaborou ademais con Servigal para socorrer un gato que estaba perdido e abriu dúas actas máis nos Cantóns por infracción da ordenanza de limpeza e na rúa Socorro, 19, por incautación de droga.

A %d blogueros les gusta esto: